Capítulo 20

1 E vin un anxo que descendía do ceo, coa chave do abismo e unha gran cadea na súa man. 2 Prendeu ao dragón, a serpe antiga, que é o Diaño e Satanás, e atouno por mil anos; 3 e arroxouno ao abismo, e o encerrou e selou sobre el, para que non enganara máis ás nacións ata que se cumpriran os mil anos; logo disto é preciso que sexa desatado por un pouco de tempo. 4 Tamén vin tronos, e se sentaron sobre eles, e concedéuselles autoridade para xulgar. E vin as almas dos que foran decapitados por mor do testemuño de Xesús e da palabra de Deus, e aos que non adoraran á besta nen á súa imaxe, nen recibiran a marca sobre a súa fronte nen sobre a súa man; e volveron a vivir e reinaron co Mesías mil anos: esta é a primeira resurrección. 5 Os demáis mortos non volveron á vida ata que se cumpriron os mil anos. 6 Feliz e santo é o que ten parte na primeira resurrección; a morte segunda non ten poder sobre estos senón que serán sacerdotes de Deus e do Unxido, e reinarán con el por mil anos. 7 Cando se cumpran os mil anos, Satanás será soltado da súa cadea, 8 e sairá a enganar ás nacións que están nos catro extremos da terra, a Gog e a Magog, para reunilas para a batalla; o número delas é coma a area do mar. 9 E subiron sobre a anchura da terra, rodearon o campamento dos santos e a cidade amada. Pero descendeu fogo do ceo e devorounos. 10 E o diaño que os enganaba foi arroxado ao lago de fogo e xofre, onde tamñen está a besta e o falso profeta; e serán atormentados día e noite polos séculos dos séculos. 11 E vin un gran trono branco e ao que estaba sentado nel, ante o que fuxiron a terra e o ceo, e non se atopou lugar para eles. 12 Vin aos mortos, grandes e pequenos, de pé diante do trono, e os libros foron abertos; e outro libro foi aberto, que é o libro da vida, e os mortos foron xulgados polo que estaba escrito nos libros, segundo as súas obras. 13 O mar entregou os mortos que estaban nel, e a Morte e o Hades entregaron aos mortos que estaban neles; e foron xulgados cada un segundo as súas obras. 14 E a Morte e o Hades foron arroxados ao lago de fogo. Esta é a morte segunda: o lago de fogo. 15 E o que non se atopaba inscrito no libro da vida foi arroxado ao lago de fogo.