Capítulo 19

1 Despois disto, oín como unha gran voz dunha gran multitude no ceo, que dicía: aleluia! a salvación e a gloria e o poder pertencen ao noso Deus, 2 porque seus xuízos son verdadeiros e xustos, pois xulgou á gran rameira que corrompía a terra coa sua inmoralidade, e vengou o sangue dos seus servos nela. 3 E dixeron por segunda vez: aleluia! o fume dela sobe polos séculos dos séculos. 4 E os vintecatro anciáns e os catro seres vivintes axeonlláronse e adoraron a Deus, que está sentado no trono, e dicían: amén! aleluia! 5 E do trono saiu unha voz que dicía: loubade ao noso Deus seus servos todos, os que lle temedes, os pequenos e os grandes. 6 E oín coma a voz dunha gran multitude, coma o estrondo de moitas augas e coma o son de fortes tronidos, que dicía: aleluia! porque o Seños noso Deus Todopoderoso reina. 7 Festexemos e alegrémonos, e démoslle a el a gloria, porque chegaron as vodas do Año e a súa esposa preparouse. 8 E a ela foille concedido vestirse de liño fino, resplandecente e limpo, porque o liño fino son as nacións xustas dos santos. 9 E díxome o anxo: escribe: felices os que estades convidados á cea das vodas do Año. E díxome: estas son verbas verdadeiras de Deus. 10 Entón caín aos seus pés para adorarlle. E díxome: mira, non!, que son conservo teu e de teus irmáns que reteñen o testemuño de Xesús; adora a Deus. Pois o testemuño de Xesús é o espírito da profecía. 11 E vin o ceo aberto, e velaquí un cabalo branco, o que o montaba chámase Fiel e Verdadeiro, e con xustiza xulga e guerrea. 12 Seus ollos son chamas de lume, e sobre a súa cabeza hai moitas diademas, e ten un nome escrito que ningén coñece agás el. 13 E está vestido cunha roupa enchoupada en sangue, e o seu nome é: o Verbo de Deus. 14 E os exércitos que están nos ceos, vestidos de liño fino, branco e limpo, seguíano sobre cabalos brancos. 15 Da súa boca sae unha espada afiada para ferir con ela ás nacións, e has pastorear con vara de ferro; e el pisa o lagar do viño do furor da ira de Deus Todopoderoso. 16 E no seu manto e na súa man ten un nome escrito: Rei de Reis e Señor de Señores. 17 E vin un anxo que estaba de pé no sol. E berrou a gran voz, dicindo a tódalas aves que voan no medio do ceo: vinde, xuntádevos para o gran festín de Deus; 18 para que comades carne de reis, carne de comandantes e carne de poderosos, carne de cabalos e dos seus xinetes, e carne de todos os homes, libres e escravos, pequenos e grandes. 19 Entón vin á besta, aos reis da terra e aos seus exércitos, reunidos para facer guerra contra o que ía montado no cabalo e contra o seu exército. 20 E a besta foi apresada, e con ela o falso profeta que facía sinais na súa presenza, coas que enganaba aos que recibiran a marca da besta e aos que adoraban a súa imaxe; os dous foron arroxados vivos ao lago de fogo que arde con xofre. 21 E os demáis foron mortos coa espada que saía da boca do que montaba o cabalo, e saciáronse tódalas aves das súas carnes.