Capítulo 10

1 Vin a outro anxo que descencía do ceo, envolto nunha nube; e o arco iris estaba sobre a súa cabeza, o seu rostro era coma o sol, e os seus pés coma columnas de lume; 2 e tiña na man un pequeno pergamiño aberto; e poñendo o seu pé dereito sobre o mar e o esquerdo sobre a terra; 3 berrou a gran voz, como ruxe o león; e ao berrar, os sete tronidos tronaron as súas voces. 4 Cando os sete tronidos falaron, estaba a piques de escirbir, cando oín unha voz do ceo que dicía: Sela as cousas que os sete tronidos dixeron e non as escribas. 5 E o anxo que vin en pé sobre o mar e a terra, ergueu a súa man dereita ao ceo, 6 e xurou polo que vive polos séculos dos séculos, que creou o ceo e as cousas que están nel, e a terra e as cousas que están nela, e o mar e as cousas que están nel, que non habería máis tardanza, 7 senón que nos días da voz do sétimo anxo, cando esté a piques de tocar a trompeta, tamén terá cumprimento o misterio de Deus, como anunciou aos seus servos os profetas. 8 E a voz que oín do ceo falou comigo de novo, e díxome: Vai e toma o pergamiño aberto da man do anxo que estivo en pé sobre o mar e sobre a terra. 9 E achegueime ao anxo, dicíndolle que me dira o pequeno pergamiño. E dime: Toma e devorao; amargarache no interior, pero na túa boca será doce coma o mel. 10 Tomei o pequeno pergamiño da man do anxo, e devoreino; e na miña boca foi doce como o mel; e cando o comín, amargoume por dentro. 11 E me din: é preciso que profetices outra vez sobre moitos pobos, nacións, e linguas e reis.