Capítulo 9

1 O quinto anxo tocou a trompeta, e vin unha estrela que caera do ceo á terra, e foille dada a chave do pozo do abismo. 2 Cando abriu o pozo do abismo, subiu fume do pozo coma o fume dun gran forno, e o sol mailo aire escureceron por mor del. 3 E do fume sairon lagostas á terra e foilles dado poder como o poder que teñen os escorpións da terra. 4 Díxoselles que non danaran a herba da terra, nen cousa verde algunha, nen ningunha árbore, senón só ás persoas que non teñen o selo de Deus na fronte. 5 Non se lles permitiu matar a ninguén, senón atormentalos por cinco meses; e o seu tormento era coma o tormento dun escorpión cando fere a unha persoa. 6 Naqueles días as persoas buscarán a morte e non serán que de atopala; e desexarán morrer, e a morte fuxirá deles. 7 O parecer das lagostas era semellante a cabalos preparados para a batalla, e sobre as súas testas tiñan coroas que parecían de ouro, e as súas caras eran coma facianas. 8 Tiñan cabeleiras coma cabeleiras de muller, e os seus dentes eran coma de leóns. 9 Tamén tiñan un peitorís coma peitorís feitos con ferro, e o balbordo das súas ás era coma o balbordo de carros de cabalos que corren á batalla. 10 Tiñan colas semellantes ás dos escorpións, con aguillóns, e o seu poder estaba nas súas colas para danar ás persoas durante cinco meses. 11 Sobre elas teñen por rei ao anxo do abismo, Abadón en hebreo, e Apolión en grego. 12 Pasou o primeiro ai! despois disto aínda veñen dous ai! 13 15 O sexto anxo tocou a trompeta, e oín unha voz que saía de entre os catro cornos do altar de ouro diante de Deus, 14 que dicía ao sexto anxo que tiña a trompeta:ceiba aos catro anxos que están atados xunto ao río Eufrates. e foron ceibados os catro anxos que foran preparados para a hora, o día, o mes e o ano, para matar á terceira parte das persoas. 16 O número dos exércitos de a cabalo, douscentos millóns. Eu escoitei seu número. 17 E na visión vin aos cabalos e aos que os montaban, que tiñan peitorís de lume, de zafiro e de xofre. E as testas dos cabalos eran coma cabezas de leóns, e das súas bocas saía lume, fume e xofre. 18 Por estas tres pragas foron mortas a terceira parte das persoas: polo lume, polo fume e polo xofre que saía da boca deles. 19 Pois o poder dos cabalos está na súa boca e nas súas colas; pois as súas colas son semellantes a serpes, que teñen cabezas e danan con elas. 20 E o resto das persoas, os que non foron mortos por estas pragas, tampouco se arrepentiron das obras das súas mans para deixar de adoraren aos demos e aos ídolos de ouro, de prata, de bronce, de pedra e de madeira, que non poden ver, nen oír, nen andar; 21 e non se arrepentiron dos seus homicidios, nen das súas bruxerías, nen da súa fornicación, nen dos seus furtos.