Capítulo 11

1 Foi dada unha cana de medir semellante a unha vara, dicindo: érguete e mide o templo de Deus e o altar, e aos que adoran nel; 2 pero o patio do santuario déixao fóra e non o midas, porque foi entregado aos xentís, e eles profanarán a cidade santa por corenta e dous meses. 3 E darei ás miñas dúas testemuñas, e profetizarán por mil douscentos sesenta días, vestidos de cilicio. 4 Estos son as dúas oliveiras e os dous candeeiros que están en pé diante do Señor de toda a terra. 5 Se algún lles procura mal, un lume que sae das súas bocas devora aos seus inimigos; se algún lles quere facer mal morrerán do mesmo xeito. 6 Estos teñen poder para fechar o ceo para que non chova durante os días que eles porfeticen, e teñen poder sobre as augas para convertilas en sangue, e para ferir a terra con toda sorte de pragas, cantas veces queiran. 7 Cando rematen o seu testemuño, a bestia que sobe do abismo, fará guerra contra eles, e vencerá, e mataraos. 8 E os seus cadáveres xacerán na praza da gran cidade, espiritualmente chamada Sodoma, e Exipto onde tamén foi crucificado o Señor deles. 9 E os dos pobos, tribos, linguas e nacións, contemplarán os cadáveres por tres días e medio e non permitirán que sexan sepultados. 10 E os que viven na terra estarán alegres e festexando sobre eles, agasallándose uns aos outros, porque eles atormentaban aos que viven na terra. 11 Pero despois de tres días e medio, entrou neles un alento de vida que viña de Deus e puxéronse en pé, e colleron grande medo os que os viron. 12 E oiron unha grande voz do ceo que lles dicía: Subide acó! e subiron ao ceo na nube e foron contemplados polos seus inimigos. 13 Naquela hora houbo un gran terremoto, e derrubouse a décima parte da cidade, e no terremoto morreron sete mil persoas, e os demáis enchéronse de medo, e diron gloria ao Deus do ceo. 14 O segundo ai! pasou, velaí o terceiro ai! ven axiña. 15 O sétimo anxo tocou a trompeta, e houbo grandes voces no ceo, que dicían: O reino do mundo veu a selo reino do noso Señor e do seu Cristo; e El reinará polos séculos dos séculos. 16 E os vintecatro anciáns que estaban sentados diante de Deus nos seus tronos; postráronse sobre as suas facianas e adoraron a Deus, 17 dicindo: Dámosche grazas Señor Deus Todopoderoso, o que eres e que eras, porque tomaches o teu gran poder e reinas. 18 E enfurecéronse as nacións, pero xa chegou a túa cólera, e o tempo dos mortos ser xulgados, e de dalo galardón aos teus servos os profetas, e aos santos, e aos que temen o teu nome, aos pequenos e mailos grandes, e de destruir aos que destrúen a terra. 19 E abriuse o santuario de Deus no ceo, e foi vista no seu santuario a arca do seu pacto, e houbo lóstregos, e voces, e tronidos, e un terremoto e saraibada.