1
E cando se achegaban a Xerusalén, por Betfagé e Betania, ao pe do monte das Oliveiras, enviou a dous dos seus discípulos,
2
e díxolles: Ide á aldea enfronte, e tan pronto como entredes nela, atoparedes un burriño atado que ninguén montou ainda; desatádeo e traédeo.
3
E se alguén vos pregunta: «Por que facedes iso?», dicide: «O Señor necesítao»; pero de seguida o mandará de volta".
4
Eles foron e atoparon un burriño atado xunto á porta, na rúa, e desatárono.
5
E algúns dos que estaban alí dixéronlles: Que facedes desatando o burriño?
6
Eles respondéronlles tal como Xesús lles mandou e déronlles permiso.
7
Entón trouxeron o burriño a Xesús e botaron enriba os seus mantos, e Xesús sentou nel.
8
E moitos tenderon os seus mantos no camiño e outros pólas que cortaran dos campos.
9
Os que ían diante e os que o seguían, berraban: Hosanna! Bendito o que vén no nome do Señor;
10
Bendito o reino do noso pai David que chegou; Hosanna nas alturas!
11
Entrou en Xerusalén, e chegou ao templo, e despois de ollar todo ao seu derredor, saíu para Betania cos doce, sendo xa bastante tarde.
12
Ao día seguinte, cando saíron de Betania, Xesús tivo fame.
13
E vendo de lonxe unha figueira con follas, achegouse por se puidese atopar algo nela; pero cando cando estaba ao pe dela, non atopou máis que follas, porque non era tempo de figos.
14
E Xesús, falando á figueira, díxolle: Nunca xamais coma ninguén froito de ti. E os seus discípulos estaban a escoitalo.
15
Chegaron a Xerusalén; e entrando no templo comezou a botar fóra aos que vendían e compraban no templo, envorcou as mesas dos cambistas e os postos dos que vendían as pombas;
16
e non permitía que ninguén carregase cousa algunha polo templo.
17
E ensináballes, dicindo: Non está escrito: «A miña casa será chamada casa de oración para todas as nacións»? Pero vós convertéstela en cova de bandidos.
18
Os principais sacerdotes e escribas oíron isto e procuraban o xeito de matalo, pois tiñanlle medo, porque toda a multitude estaba admirada de como ensinaba.
19
E cando atardecía, adoitaban saír da cidade.
20
Ao pasaren pola mañá, viron a figueira seca dende a raíz.
21
Entón Pedro, lembrándose, díxolle: Mestre, mira, a figueira que maldixeches secouse.
22
E Xesús respondeu: Tede fe en Deus.
23
Asegúrovos que calquera que diga a este monte: «Quítate de aí e bótate no mar», sen dubidar no seu corazón, senón crendo que o que di vaise cumprir, seralle concedido.
24
Por iso dígovos que todas as cousas que pidades en oración, crede que xa as recibistes, e seranvos concedidas.
25
E cando esteades a orar, perdoade se tedes algo contra alguén, para que tamén o voso Pai que está nos ceos vos perdoe as vosas faltas.
26
Pero se vós non perdoades, tampouco o voso Pai que está nos ceos perdoará as vosas faltas.
27
Chegaron de novo a Xerusalén; e mentres Xesús andaba polo templo, achegáronselle os principais sacerdotes, escribas e os anciáns,
28
e dixéronlle: Con que autoridade fas estas cousas, ou quen che deu a autoridade para facer isto?
29
E Xesús respondeulles: Eu tamén vos farei unha pregunta; respondédema, e logo direivos con que autoridade fago estas cousas.
30
O bautismo de Xoán, era do ceo ou dos homes? Respondédeme.
31
E eles matinaban entre si, dicindo: Se dicimos: «Do ceo», El dirá: «Entón, por que non lle crestes?».
32
Mais se dicimos: «Dos homes...»? Pois tiñan medo da multitude, porque todos consideraban que Xoán verdadeiramente fora un profeta.
33
E respondendo a Xesús, dixeron: Non sabemos. E Xesús díxolles: Tampouco eu vos direi con que autoridade fago estas cousas.