1
Saíndo de alí, Xesús marchou cara Xudea máis aló do río Xordán, e xuntábanse moreas de persoas arredor del, e unha vez máis lles ensinaba como de costume.
2
E achegáronselle os fariseos preguntándolle se lle era lícito a un home divorciarse da súa muller para poñelo a proba.
3
E respondendo El, díxolles: que vos mandou Moisés?
4
Eles dixeron: Moisés permitiu que escribira carta de divorcio e repudiala despois.
6
Pero Xesús díxolles: Pola dureza do voso corazón foi que vos escribiu este mandamento.
5
Pero dende o principio da creación fíxoos home e muller.
7
Por conta disto o home deixará a seu pai e a súa nai,
8
e serán os dous unha soa carne, de xeito que xa non son dous %ver si por masc ou fem%, senón unha soa carne.
9
Daquela, que ningunha persoa separe o que Deus colocou baixo un mesmo xugo.
10
De volta na casa, os discípulos preguntaron outra vez sobre isto.
11
E díxolles: calquera que repudie á súa muller, e case con outra, comete adulterio con ela;
12
e se ela repudia ao seu home, e casa con outro, está a cometer adulterio.
13
E traíanlle aos meniños para que os tocara, e os discípulos berráronlles.
14
Pero cando viu Xesús isto, indignouse e díxolles: deixade que os meniños veñan a mín, e non llelo impidades, porque dos que son coma estos é o reino de Deus.
15
Asegúrovos que o que non reciba o reino de Deus coma un meniño, non ha entrar nel.
16
E abrazándoos, bendicíaos, poñendo as mans sobre eles.
17
E no momento que se puso a camiño, achegouse un ás carreiras e axeonllándose diante de El, preguntoulle: Mestre bo, que farei para herdar a vida eterna?
18
E díxolle Xesús: por que me chamas bo? Ninguén é bo agás só un, Deus.
19
Ti sábelos mandamentos: "non mates, non cometas adulterio, non roubes, non des falso testemuño, non enganes, honra a teu pai e a túa nai".
20
E el díxolle: Mestre, veño gardando iso dende novo.
21
Xesús, mirándoo, amouno e díxolle: fáltache unha cousa: vai e vende canto tés e dállelo aos pobre, e teras tesouro no ceo; e ven, sígueme.
22
Mais el, apesarado por estas palabras, foise triste, porque tiña moitos bens.
23
Xesús, mirando arredor seu, dixo aos seus discípulos: que dificilmente lles será aos que teñen riquezas entrar no reino de Deus!
24
E os discípulos quedaron perplexos coas súas palabras.
25
Pero Xesús, respondendo outra vez, díxolles: Fillos, que difícil é entrar no reino de Deus! É mais doado que un camelo pase polo ollo da agulla, que a que un rico entre no reino de Deus.
26
Pero eles asombráronse ainda mais, dicindo entre sí: e quen poderá salvarse?
27
Ollando para eles, Xesús dixo: é imposible para as persoas, pero non para Deus, porque para Deus tódalas cousas son posibles.
28
Daquela Pedro comezou a dicirlle: velaquí, nós largámolo todo e seguímoste.
29
Xesús dixo: dígovos en verdade: non hai ninguén que deixando casa, ou irmáns, ou irmás, ou nai, ou pai, ou fillos ou terras pola miña causa e por mor do evanxeo,
30
que non reciba cen veces máis agora neste tempo: casas, e irmáns, e irmás, e nais, e fillos, e terras xunto con persecucións; e no vindeiro século, a vida eterna.
31
Pero moitos primeiros serán últimos, e os últimos, primeiros.
32
Ían subindo camiño a Xerusalén, e Xesús diante deles; e eles estaban abraiados, e seguíano con respecto e xuntando canda El aos doce outra vez, comezou a dicirlles o que ía acontecer:
33
velaquí subimos a Xerusalén e o Fillo do Home ha ser entregado aos principais sacerdotes e aos escribas, e o condenarán a morte e entregarano aos xentís.
34
E mofaranse de El e cuspiranlle, azoutarano e matarano, pero logo de tres días resucitará.
35
E achegáronse a El Xacobe e Xoán, os fillos de Zebedeo dicíndolle: mestres, queremos que fagas por nós o que che pidamos.
36
E El díxolles: que queredes que vos faga?
37
Eles dixéronlle: dános que na túa gloria nos sentemos un á túa dereita e o outro á túa esquerda.
38
Pero Xesús díxolles: non sabedes o que estades a pedir. Podedes beber a copa que
Eu bebo, ou ser bautizados co bautismo que Eu son bautizado?
39
E eles dixéronlle: podemos. E Xesús díxolles: a copa que Eu bebo, beberedes; e seredes bautizados co bautismo co que son bautizado.
40
Pero que vos sentedes á miña dereita ou á miña esquerda, non é de meu concedelo, senón que é para quen foi preparado.
41
Ao escoitaren isto, os dez comezaron a indignarse contra Xacobe e Xoán.
42
E chamándoos onda El, díxolles Xesús: sabedes que os que son recoñecidos como gobernantes das nacións enseñoréanse delas, e que os seus poderosos asoballanas exercendo a autoridade sobre elas.
43
Pero non é así entre vosoutros, senón que quen dexese chegar a ser grande entre vós, será o voso servidor,
44
e o que queira ser primeiro entre vosoutros, será escravo de todos,
45
porque nen o Fillo do Home veu para ser servido, senón para servir, e dar a súa vida en rescate por moitos.
46
Daquela chegaron a Xericó. E cando saía de Xericó cos seus discípulos e unha grande multitude, un mendigo cego de nome Bartimeo, fillo de timeo, ficaba sentado á beira do camiño.
47
E cando escoitou que era Xesús o Nazareno, comezou a berrar e a dicir: Xesús, fillo de David, ten misericordia de min!
48
E moitos o reprendían para que calara, pero el berraba aínda máis: fillo de David, ten misericordia de min!
49
Detívose Xesús e dixo: Chamádeo. E chamaron ao cego, dicíndolle: anímate! Érguete, está a chamar por ti.
50
Daquela el, desbotando o seu manto, púxose en pé nun brinco e foi cara Xesús.
51
Dirixíndose Xesús a el, díxolle: que queres que faga por ti? e díxolle o cego: Mestre, que vexa de novo.
52
E Xesús díxolle: Vaite, sanaches pola túa fe. E de súpeto recobrou a vista, e seguíao polo camiño.