Capítulo 12

1 Entón comezou a falarlles en parábolas: Un home plantou unha viña e rodeouna cun valado, cavou nela un encoro debaixo do lagar e construiu unha torre. Logo arrendouna a uns labregos e foise de viaxe. 2 Ao tempo da vendima mandou un servo aos labregos para recibir deles a súa parte dos froitos da viña. 3 Pero eles, botándolle man, zorregáronlle e ,mandárono coas mans baleiras. 4 De novo mandoulles outro servo, e a el ferírono na cabeza e aldraxárono. 5 Mandou a outro e matárono, e a outros moitos, mallaron neles e matáronos. . 6 Aínda lle quedaba un, a quen mandar, ao seu fillo benquerido, cavilando: «Han respectar ao meu fillo». 7 Pero aqueles labregos dixéronse entre si: «Este é o herdeiro; vide, matémolo, e a herdanza será nosa!» 8 E agarrárono, matárono e botárono fóra da viña. 9 Que fará, entón, o dono da viña? Virá e destruirá aos labregos, e dará a viña a outros. 10 Seica non lestes na Escritura: «A pedra que desbotaron os canteiros, en pedra angular converteuse; 11 esa foi colocada polo Señor, e é marabillosa aos nosos ollos»? 12 E procuraban prendelo, porque comprenderon que a parábola ía contra deles; pero por medo á xente deixárono e fóronse. 13 Mais tarde mandáronlle algúns dos fariseos e dos herodianos para o pillaren nalgunha palabra. 14 E cando chegaron onda el preguntáronlle: Mestre, sabemos que es auténtico e que non procuras o favor de ninguén, porque non andas con miramentos, e ensinas o verdadeiro camiño de Deus- É lexítimo pagarlle a contribución ao César, ou non? 15 Pagámoslla ou non lla pagamos? Pero El, decatándose da súa hipocrisía, díxolles: Por que me queredes comprometer? Traédeme un denario para velo. 16 Trouxéronllo, e El preguntóulles: De quen é esta imaxe e a inscrición? E eles dixéronlle: Do César. 17 Entón Xesús replicoulles: Dadelle ao César o que é do César, e a Deus o que é de Deus. E marabilláronse del. 18 Chegaron algúns saduceos (os que din que non hai resurrección), e preguntábanlle: 19 Mestre, Moisés deixounos escrito: Se o irmán dalgún morre e deixa muller e non deixa fillo, que o seu irmán tome a muller e levante descendencia ao seu irmán. 20 Houbo sete irmáns; e o primeiro tomou esposa, e morreu sen fillos. 21 E o segundo tomouna, e morreu sen fillos tamén; e así mesmo o terceiro; 22 Ningún dos sete deixou descendencia. Para rematar morreu tamén a muller. 23 Cando resuciten, de cal deles vai ser a muller? Pois os sete casaron con ela. 24 Xesús respondeulles: Non vos decatades de que andades descamiñados porqiue non comprendedes nin as Escrituras nin o poder de Deus? 25 Pois cando resuciten de entre os mortos, nin casarán nin serán dados en casamento, senón que serán como os anxos nos ceos. 26 , e volvendo o feito de que os mortos resucitan, non lestes no libro de Moisés, na pasaxe sobre a silveira ardendo, como Deus lle falou, dicindo: «Eu son o Deus de Abraham, e o Deus de Isaac, e o Deus de Xacob»? 27 El non é Deus de mortos, senón de vivos; vós estades moi equivocados. 28 Achegouse un dos escrivas que ouvira a discusión, e decatándose do ben que lles respondera, preguntoulle: Cal mandamento é o máis importante de todos? 29 Xesús respondeulle: O máis importante é: «Escoita, Israel; o Señor é o noso Deus, o Señor é único; 30 e amarás ao Señor o teu Deus con todo o teu corazón, e con toda a túa alma, e con toda a túa mente, e con todas as túas forzas». 31 O segundo é este: «Amarás ao teu próximo como a ti mesmo». Non hai outro mandamento maior ca estes. 32 E o escriba replicou: Moi ben, Mestre; estás no cerrto cando dis que El é un, e non hai outro ademais del; 33 e que amalo con todo o corazón e con todo o entendemento e con todas as forzas, e amar ao próximo como a un mesmo, é máis que todos os holocaustos e os sacrificios. 34 Xesús. vendo que respondera sabiamente, díxolle: Non estás lonxe do reino de Deus. E despois diso, ninguén se aventuraba a facerlle máis preguntas. 35 E tomando a palabra, Xesús preguntoulles estando no templo: Por que din os escribas que o Mesías é fillo de David? 36 David mesmo dixo polo Espírito Santo: «Díxolle o Señor ao meu Señor:“ Senta á miña dereita, ata que poña aos teus inimigos debaixo dos teus pés” ». 37 Se David mesmo o chama «Señor». En que sentido é, o seu fillo? E a numerosa multitude escoitábao con pracer. 38 E ensinándolles dicía: Coidádevos dos escribas, a quen lles gusta pasear con vestidos fachendosos, e aman que lles fagan reverencias nas prazas, 39 procuran os primeiros asentos nas sinagogas e os lugares de honra nos banquetes; 40 pero devoran as casas das viúvas, e polas aparencias fan longas oracións. Éstes recibirán maior condenación. 41 E sentado fronte ao arca do tesouro, ollaba como a multitude botaba cartos no arca do tesouro; e moitos ricos botaban grandes cantidades. 42 E nisto chegou unha viúva pobre e botou dúas pequenas moedas de cobre ou sexa, un cuadrante. 43 Entón chamou aos seus discípulos e díxolles: Asegúrovos que esta viúva pobriña botou máis que todos os contribuíntes ao arca das ofrendas; 44 pois todos eles botaron do que lles sobraba, pero ela na súa pobreza botou todo o que posuía, todo o que tiña para vivir.