Capítulo 4

1 Polo demais, irmáns, pedímosvos e animámosvos no Señor Xesús, que do mesmo xeito que aprendestes de nos como compre andar para agradar a Deus (que de certo, así o facedes) abundedes mais e mais niso. 2 Porque xa sabedes que instruccións vos temos dado no nome do Señor Xesús. 3 Porque a vontade de Deus é a vosa santificación, que vos afastedes da fornicación, 4 que cada un de vos cuide o seu propio corpo en santidade e honor, 5 sen se deixar gobernar pola paixón, como os xentís que non coñecen a Deus, 6 que ninguén peque nin asoballe ao seu irmán neste asunto, porque coma xa vos temos anunciado e testemuñado dun xeito solemne: o Señor venga todas estas cousas. 7 Porque non nos chamou Deus á impureza, senón á santifidade. 8 Polo tanto, o que non quere facer caso nisto, non rexeita a un ser humán, senon a Deus, quen é quen vos da o seu Espírito Santo. 9 Verbo do amor de irmáns, non precisades que vos escriba, porque vos mesmos sodes ensinados por Deus a vos amardes uns aos outros, 10 cousa que en verdade facedes con todos os irmáns en toda a Macedonia, pero rogamosvos, irmáns, que o fagades mais e mais, 11 e que teñades como albo vivir sosegados, e ocuparvos nos vosos propios asuntos traballando vosas vosas propias mans, comforme vos temos mandado; 12 a fin de que andendes de xeito honesto cos de afora, e non precisedes de nada. 13 Tampouco queremos, irmáns, que ignoredes verbo dos mortos, para que non vos entristezcades como aqueles que non teñen esperanza. 14 Porque se cremos que Xesús morreu e resucitou, do mesmo xeito Deus traerá con Xesús aos que durmiron nel. 15 Polo tanto decímosvos isto apoiados na palabra do Señor; que nos, os que vivimos, aqueles que quedemos ata a vinda do Señor, non precederemos aos que durmiron. 16 Porque o Señor mesmo, con voz de mando, con voz de arcanxo e con trompeta de Deus, baixará do ceo e os mortos en Cristo resucitarán primeiro. 17 Despois nos, os que quedemos vivos, seremos arrebatados xunto con eles nas nubes para encontrarmos co Señor no aire, e asi estaremos sempre co Señor. 18 Polo tanto, consoládevos uns aos outros con estas palabras.