Capítulo 5

1 Pero tocante aos tempos e as ocasións, irmáns, non precisades que vos escriba. 2 Porque vos sabedes á perfección que o día do Señor chegará coma o ladrón ploa noite, 3 Cando estén falando: Paz e seguridade! entón, como a dor da que está de parto, virá sobre eles de súpeto destrucciòn, e non fuxirán de xeito nengún. 4 Pero vosoutros, irmáns, non estades nas tebras para que ese día vos sorprenda coma ladrón, 5 porque todos sodes fillos da luz e do día; non somos da noite nin das tebras. 6 Non adormezamos pois, como os demás, senón sexamos vixiantes e sobrios. 7 Porque os que durmen, pola noite durmen, e os que se emborrachan, emborráchanse pola noite. 8 Nos, que somos do día, sexamos sobrios e revistámonos coa coraza da fe e o amor, e co casco da esperanza de salvaciòn, 9 Porque Deus non nos destinou para ira, senón para acada-la salvación por medio do noso Señor Xesús, o Mesías, 10 quen morreu por nós para que, xa sexa que estemos espertos ou dormidos, vivamos xunta Él. 11 Por iso, animádevos uns os outros, e aconselládevos unos os outros coma sempre facedes. 12 Rogámosvos, irmáns, que respetedes aos que traballan entre vos e vos cuidan no Señor e vos ensinan; 13 que os teñades en alto e amoroso aprecio por causa dos seus traballos. Tende paz os uns cos outros. 14 Exhortámosvos tamén a que advirtades aos desordenados, que lle deades azos aos desanimados e sexades unha axuda firme para ós febles, e que teñades pacencia con todos. 15 Mirade que ninguén devolva a outro mal por mal, senón procurade sempre o bo os uns para con os outros, e para con todos. 16 Alegrádevos sempre! 17 Orade constantemente, Dade grazas en todo, 18 porque ésta é a vontade de Deus para vos en Cristo Xesús. 19 Non apaguedes o Espírito. 20 Non despreciedes as profecías, 21 senón examinádeo todo e quedádevos co que é bo. 22 Arredádevos de toda especie de mal. 23 E o mesmo Deus de paz, santificarávos por completo, e que todo o voso ser: espírito, alma e corpo, sexa gardado irreprensible na vinda de Xesús Cristo, o noso Señor. 24 O que vos chama é fiel, así que Él hao facer . 25 Irmáns, orade por nos. 26 Saúdade a todos os irmáns cun bico santo. 27 Pídovos no nome do Señor que esta carta sexa lida a todos os irmáns. 28 A graza do noso Señor Xesús, o Mesías, sexa convosco.