Capítulo 3

1 Por iso, non podendo soportalo mais, decidimos de quedar sós en Atenas, 2 e mandarvos a Timoteo, o noso irmán e colaborador de Deus no evanxeo do Mesías, para vos enfortecer e animar na fe. a fin de que ninguén se estremeza polos apretos que está a pasar, 3 ben sabedes que para iso estamos. 4 Porque cando estavamos ainda convosco, xa vos avisamos que íamos aturar sofrimentos, e así é como foi, ben o sabedes. 5 Por iso, eu tamén, non podendo soportalo mais, mandei a recoñecer a vosa fe, non fora que dalgún xeito, o tentador vos seducira e o noso traballo fora en van. 6 Pero agora Timoteo, xa chegou de onda vos traendo as boas novas da vosa fe e amor, e de que sempre nos lembrades, desexando vernos (coma tamén nós a vés), 7 iso foi o que nos consolou, irmáns, en canto a vos, en medio de todas as nosas necesidades e trinulacións pola vosa fe, 8 pois agora vivimos, xa que vos estades firmes no Señor. 9 Pois, qué acciòn de grazas poderemos dar a Deus por vos, por toda a ledicia con que nos alegramos diante deo noso Deus por vos, 10 xa que noite e día pedimos con insistencia que poidamos veros e conmpletemos o que falta á vosa fe? 11 Que o mesmo Deus e Pai noso, e o noso Señor Xesús, dirixa o noso camiño cara a vós, 12 Que faga o Señor que medredes e abundendes no amor uns cos outros, e con todos, do mesmo xeito que nos tamén para vos, 13 para que os nosos corazóns sexan afirmados irreprensibles en santidade diante do noso Deus e Pai, cando veña o noso Señor Xesús con todos os seus santos.