Capítulo 2

1 Irmáns, vos mesmos sabedes que a nosa visita onda vos non foi en balde: 2 senón que tendo sofrido e sendo aldraxados en Filipos, como sabedes, tivemos a confianza no noso Deus coma para anunciarvos o evanxeo de Deus no medio de moita oposición. 3 O noso ensino non proven do erro, nin de motivos impuros, nin é con engano, 4 senón que, xa que fumos aprovados por Deus para que o evanxeo se nos confiara, así falamos; non para contentar á xente, senón a Deus, que pescuda os nosos corazóns. 5 Porque sabedes que nunca nos aproximamos a vos con palabras afagadoras, nin procurando cartos para a nosa comenencia, Deus ben o sabe!; 6 nin procurando a gloria da xente, nin de vos nin de outros, mesmo sen presionarvos coa nosa autoridade coma apóstolos do Mesias; 7 Senón que fomos tenros no medio de vos, como cando unha nai acariña aos seus propios fillos; 8 tendo tanto amor por vos, que queríamos ensinarvos no só o evanxeo de Dues, senón tamén as nosas vidas, porque chegastes a ser moi amados para nos. 9 Seguro que lembrades o nosoa fatiga e o traballo duro, xa que traballamos noite e dia para non sermos unha carga, e así anunciámosvos o evanxeo de Deus. 10 Vos sodes testemuñas xunto con Deus, de que nos comportamos convosco, os crentes, 11 de xeito santo, xusto e sen tacha; ben sabedes como vos tratamos a cada un de vos; coma un pai aos seus propios fillos aconsellándovos, consolávosmos e insistíamosvos 12 que andivérades como é digno de Deus, que vos chama ao seu propio reino e gloria. 13 Por iso tamén damos grazas decote a Deus, porque tendo recibido de nós a palabra da mensaxe de Deus, acolléstela non coma palabra de seres humans, senon coma o que verdadeiramente é, palabra de Deus, que actúa tamén en vos que credes. 14 Porque vos, irmáns, chegastes a ser imitadores das igrexas de Deus en Xesús o Mesías, que están na Xudea; pois tamén sufristes as mesmas cousas a mans dos vosos propios paisanos, como tamén eles dos xudeos; 15 quen non so mataron o Señor Xesús e aos profetas, senon que tamén expulsáronnos a nos, e están a opoñerse a todos, 16 prohibíndonos falar aos xentís a fin de que non sexan salvos, de xeito que sempre enchen a medida dos seus pecados, vindo a ira de Deus ata o remate. 17 E nos, irmáns, que fumos separados de vos por un pouco de tempo, pero so físicamente non de corazón, esforzámonos coa maior presteza, de tanta morriña por nos ver. 18 Por iso, quixemos ir onda vos, eu Paulo, mais de unha vez, pero Satanás estorbounos. 19 Pois, cal é a nosa esperanza, ou ledicia, ou coroa en qué gloriarnos? Non sodes vos mesmos diante do noso Señor Xesús ao tempo da súa vinda? 20 Vos sodes, de certo, a nosa gloria e a nosa ledicia.