Capítulo 7

1 No tocante ao que me escribistes, bó é para o home non tocar muller. 2 Pero por mor das fornicacións, que cada un teña a súa propia muller, e cada unha teña o seu propio home. 3 Que o home cumpra o seu deber para coa sua muller, e igulamente a muller o cumpra co seu home. 4 A muller non ten autoridade sobre o seu propio corpo, senón o home. E así mesmo, o home non ten autoridade sobre o seu propio corpo, senón a muller. 5 Non vos privedes o un do outro, agás de común acordo e por certo tempo, para adicarvos á oración; volvede a xuntarvos a fin de que Satanás non vos tente por mor da vosa falla de dominio propio (autocontrol) 6 Mais dígo isto por vía de concesión, non coma unha orde. 7 Con todo, eu desexaría que tódalas persoas fosen coma min, pero cada un ten o seu propio don de Deus, un dunha clase e outro doutra. 8 Dígolles aos solteiros e ás viuvas que é bó para eles quedar coma min. 9 Pero se non teñen dominio propio (autocontrol), que casen; que é mellor casarse ca queimarse. 10 E aos que casaron, ordeno, non eu, senón o Señor, que a muller non se separe do home; 11 pero se se separa , quede sen casar, ou senón que se reconcilie co seu home, e que o home non abandoe á súa muller. 12 Pero aos demáis, dígovos eu, non o Señor, que se un irmán ten unha muller que non e crente, e ela consinte en vivir con el, non a abandoe. 13 E a muller que o seu home non é crente, e el consinte en vivir con ela, non abandoe a seu home. 14 Porque o home que non é crente é santificado por medio da súa muller, e a muller que non é crente é santificada por medio do seu home crente; pois doutro xeito os seus fillos estarían manchados, mais agora son santos. 15 16 Con todo, se o que non é crente se separa, que se separe; neses casos o irmán ou irmá non están na obriga, senón que a paz nos chamou Deus. Pois, como sabes ti, muller, se salvarás ao teu home? Ou como sabes ti, home, se salvarás á túa muller? 17 Como o Señor repartiu a cada un, e como Deus chamou a cada un, así viva. E asó ordeno en tódalas igrexas. 18 Foi chamado algún circuncidado? Fique circuncidado. Foi chamado algún incircuncidado? Non se circuncide. 19 A circuncisión nada é, e nada é a incircuncisión, senón o gardar os mandamentos de Deus. 20 Cada un quede na condición na que foi chamado. 21 Fuches chamado sendo escravo? Non te preocupes, pero se podes chegar ser libre, procurao. 22 Porque o que foi chamado polo Señor sendo escravo, liberto é do Señor; do mesmo xeito, o que foi chamdo sendo libre, escravo é de Cristo. 23 Fostes comprados por prezo; non fos fagades escravos das persoas. 24 Irmáns, cada un permaneza ante Deus na forma en que foi chamado. 25 No tocante ás solteiras, non teño mandamento do Señor, pero dou a miña opinión coma un que acadou a misericordia do Señor para ser digno de confianza. 26 Penso, entón, que isto é bó en vista da presente aflición; élle mellor ás persoas quedar así como están. 27 Estás suxeito a muller? Non procures separarte. Estás libre de muller? Non procures muller. 28 Pero se casas, non pecaches; e se unha solteira casa, non pecou. Con todo, eles terán problemas nesta vida e eu volos quero evitar. 29 Mais dígovos isto, irmáns: o tempo acortouse; así como para os que teñen muller sexa coma se non a tiveran, 30 e os que choran, coma se non chorasen; e os que festexan coma se non festexaran; e os que mercan, coma se non tiveran nada; 31 e os que gozan do mundo, como se non o gozaran en plenitude; porque a apariencia deste mundo é pasaxeira. 32 Mais quixera que estiverades libres de preocupacións. O solteiro preocúpase polas cousas do Señor, de como agradar ao Señor; 33 pero o casado preocúpase polas cousas do mundo, de como agradar á súa muller. 34 Está dividido. E a muller que non está casada e a solteira preocúpanse polas cousas do Señor, para ser santas tanto en corpo coma en espírito; pero a casada preocúpase polas cousas do mundo, de como agradar ao seu home. 35 E digo isto para o voso propio beneficio; non para poñervos restrición, senón para promover o honesto e para que sirvades ao Señor sen distracción. 36 Pero se algún cre que non está actuando correctamente respecto da súa prometida, sendo ela de idade adulta, e se é preciso, que faga o que queira, non peca; que case. 37 Pero o que está firme no seu corazón, e sen ningún tipo de presión, e tendo control sobre a súa propia vontade, e decidiu no seu corazón non casar, fai ben. 38 Así, os dous, o que casa coa súa prometida fai ben e o que non casa, fai mellor. 39 A muller está suxeita namentres lle vive o seu home; pero se lle morre o home, está na liberdade de casar con quen queira, só no Señor. 40 Pero na miña opinión, será máis feliz se queda como está; e penso que eu tamén teño o Espírito de Deus.