Capítulo 15

1 Tamén quero lembrarvos, irmáns, o evanxeo que vos anunciei, aquel que vos aceptastes, no que ficades firmes. 2 Aquel ó que tamén, se vos afirmades na palabra que vos eu prediquei, sodes salvos, do contrario, a vosa fe sería en van. 3 Tramsmitinvos. ca que logo, o que eu tamén recibín: que o Mesías morreu polos nosos pecados, conforme ás Escrituras. 4 Que foi sepultado e que foi resucitado ó terceiro día, conforme as Escrituras. 5 Que se apareceu a Cefas, e depois ós doce. 6 Máis tarde aparecéuse a máis de cincocentos irmáns ó mesmo tempo, a maioria deles ainda viven, mais algúns xa morreron. 7 Despois foi visto por Xacobe, e logo por todolos apóstolos. 8 En derradeiro lugar, coma ó nacido a deshora, aparecéuseme tamén a min. 9 Pois eu son o mais pequeno de todos os apóstolos, que nin son merecente de ser chamado apóstolo xa perseguín á igrexa de Deus. 10 Pero pola gracia de Deus son o que son, e a sua gracia para min non foi en van, mais ben o contrario, traballei mais que todos eles, pero non eu, senon a gracia de Deus en mín. 11 Pois, ben sexa eu, ou eles, deste xeito predicames, e deste xeito crestes vos. 12 Entón, se predicamos que o Mesías foi resucitado de entre os mortos, cómo din algúns de entre vos que non hai resurrección dos mortos? 13 Porque se non hai resurrección dos mortos, tampouco o Mesías foi resucitado; 14 e se o Mesías non foi resucitado, a nosa predicación é baleira, do mesmo xeito que a nosa fe. 15 E ata somos declarados falsos testemuñas de Deus, porque testemuñamos que Deus resucitou ó Mesías, pero se é verdade que os mortos non son resucitados, enton Él tampouco resucitou. 16 Porque se os mortos non resucitan, tampouco o Mesías resucitou, 17 e se o Mesías non foi resucitado, a vosa fe é en van, ainda estades nos vosos pecados. 18 E tamén ps que durmiron no Mesías pereceron. 19 Se soamente para esta vida esperamos no Mesías, somos os mais dinos de compaixao de todos os seres humáns. 20 Mais non é así: O Mesías foi resucitado de entre os mortos coma primicia de aqueles que durmiron! 21 Porque do mesmo xeito que por un home entrou a morte, tamén por medio dun Home a resurrección dos mortos. 22 Porque así como en Adán todos morren, así tamén no Mesías todos serán vivificados. 23 Pero cada un no seu orden: o Mesías coma a primicia, depois os que son do Mesías na súa vinda. 24 Entón chegará o final, cando lle entregue o reino a Deus Pai, e poña fin a todo imperio, autoridade e poder. 25 Porque é necesario que Él reine ata que poña a todos os seus enemigos por debaixo dos seus pes. 26 E o derradeiro inemigo que será destruído é a morte. 27 Pois someteu todas as cousas debaixo dos seus pes. Anque cando dí que todas as cousas foron sometidas a Él, está claro que con excepción daquel que lle someteu todas as cousas. 28 E cando todo sexa sometido, entón tamén o Fillo mesmo suxetarase a quen suxetou a Él todas as cousas, para que Deus sexa todo en todos. 29 De non ser así, que farán aqueles que se bautizan polos mortos? Se de verdade os mortos non resucitan, por qué, entón, se bautizan por eles? 30 E por qué nos estamos en peligro a toda hora? 31 Pola gloria que teño de vos en Xesús o Mesías, o noso Señor, morro cada día. 32 Se so como home loitei contra feras en Éfeso, que proveito gañei se os mortos non son resucitados? Comamos e bebamos que mañá morreremos! 33 Non vos deixedes enganar, as malas compañas estragan os bos costumes. 34 Volvede xustamente a ser sensatos, e non sigades pecando, porque algúns non son capaces de percibir o que é de Deus. Para a vosa vergonza volo aviso.. 35 Pero algún preguntará: Cómo son resucitados os mortos? Con qué clase de corpo volverán á vida? 36 insensato! O que sementas non prende na vida se non morre. 37 E cando sementas, non sementas o corpo que chegará a ser, senón un grano espido, de trigo se cadra, ou de algún outro. 38 Pero Deus dalle un corpo como Él quiso, e a cada unha das sementes o seu propio corpo. 39 Non toda a carne é a mesma carne, senón que unha é humana, outra a das bestas, outra a das aves e outra a dos peixes. 40 Hai tamén corpos celestes e corpos terrestrs, pero unha, na verdade é a gloria dos celestes e outra a dos terrestres. 41 Unha é a gloria do sol e outra a da lúa, e ainda outra a das estrelas, porque cada unha de elas brila dun xeito diferente. 42 O mesmo sucede coa resurrección dos mortos: Seméntase na corrupción, resucítase na incorrupción. 43 Seméntase na humillación, resucitase na gloria, seméntase na debilidade, resucitase con poder. 44 Seméntase corpo natural, resucita un corpo espiritual, porque se hai un corpo natural tamén hai un espiritual. 45 Asi tamén está escrito: O primeiro home, Adán, foi feito un ser vivo, e o último Adán, un espíritu que da vida. 46 Pero non é primeiro o espiritual senón o natural; e despois o espiritual. 47 O primeiro home, feito do polvo da terra, é terrestre, o segundo Home veu do ceo. 48 Como o terrestre, do mesmo xeito son os terrestres, e como o celeste, así son os celestes. 49 Tal como agora amosamos a imaxe terrestre, amosaremos un día a imaxe celeste. 50 Dígovos enton irmáns: a carne e o sangue non poden herdar o reino de Deus, nin a corrupción herdará a incorrupción. 51 Velai que vos revelo un misterio: non todos morreremos, pero todos seremos transformados. 52 Nun instante, nun abrir e piscar os ollos, no toque da derradeira trompeta (porque soará a trompeta) os mortos serán resucitados incorruptibles, e nos seremos transdormados. 53 Porque é necesatio que o noso corpo corruptible sexa revestido de incorrupción, e o mortal sexa revestido de inmortalidade. 54 E cando o corruptible se revista de incorrupción e o mortal se revista de inmortalidade, entón cumplirase a palabra que está escrita: A morte foi tragada pola victoria! 55 Ula é,. morte, a túa victoria? Ulo é, morte, o teu aguillón? 56 O aguillón da morte é o pecado, e o poder do pecado, -e a lei. 57 Pero grazas a Deus que nos da a victoria por medio de Xesús o Mesías, o noso Señor! 58 Asi que, benqueridos irmáns, mantédevos firmes, que ninguén vos abanee, abundando na obra do Señor sempre, sabendo que o voso traballo no Señor nunca é en van.