Capítulo 16

1 Agora ben, en canto á ofrenda para os irmáns, facede vos tamén como lle dixen ás igrexas de Galacia: 2 cada primeiro día da semana, cada un de vos aparte algo, aforrando daquelo que teña gañado, para que cando eu vaia, non haxa que facer colectas. 3 E, cando chegue,, a aqueles que vos aprovedes, mandarei con cartas para levaren a expresión da vosa bondade ás igrexas de Xerusalén. 4 E se paga a pena que vaia eu tamén, eles virán conmigo. 5 Irei onda vos cando atravese Macedonia, pois preciso pasar por Macedonia. 6 Pode ser que me quede convosco, se cadra todo o inverno, para que me axudedes na viaxe onde teña que ir. 7 Pero non quero vervos so de pasada, pois se o Señor o permite, quero quedar algún tempo convosco. 8 Polo de agora, quedarei en Éfeso ata Pentecostés. 9 pois abríuseme unha porta grande e frutífera, ainda que hai moitos que están a poñer atrancos. 10 Cando chegue Timoteo, mirade que esté convosco sen problemas, porque él traballa na obra do Señor coma min. 11 Polo tanto, que ninguén o teña en pouco, ó contrario, axudádelo na viaxe para que volva a min cheo de paz, porque estou agardándoo con os irmáns. 12 Por outra banda, a Apolos pedínlle moito que fora con os irmáns a vervos. Mais de ningún xeito tiña o desexo de ir polo de agora; pero irá vervos en canto teña oportunidade. 13 Vixiade, estade firmes na fe, portadevos dun xeito valente, sede fortes. 14 Facede todas as cousas con amor. 15 Pídovos irmáns (como sabedes dos da casa de Estéfanas, os primeiros convertidos de Acaia que se adicaron a servir ós irmáns) 16 que vos poñades á disposición de eles e de todos os que traballan e sirven ós demais. 17 Estpu moi alegre coa visita de Estéfanas, de Fortunato e de Acaio, pois axudáronme a vencer a morriña que tiña por vos. 18 Refrescaron o meu espírito e mailo voso; dádelle valor sempre a persoas asi. 19 Mándanvos recordos as igrexas de Asia. Saúdanvos con moito agarimo no Señor tanto Aquila como Priscila, do mesmo xeito que a igrexa que está na súa casa. 20 Saúdanvos todos os irmáns. Saudádeos uns os outros con un bico santo. 21 Eu Paulo, vos saúdo escrivindovos coa miña propia man. 22 Se algún non ama ó Señor, sexa maldito! 23 O Señor ven! A gracia do Señor Xesús sexa convosco. 24 O meu amor sexa con todos vós en Xesús, o Mesías.