Capítulo 13

1 Se eu falara linguas humáns ou anxélicas, e non teño amor, son como o bronce que resoa ou un pandeiro que repenica. 2 E se fora profeta e entendera todos os misterios e toda a cencia, e se tivera unha fe extraordinaria de xeito que pudera mover montes, e non teño amor, non sería nada. 3 E ainda que repartira todo o que teño, e entregara o meu corpo para me deixar quemar vivo, e non tivera amor, non valería para nada.. 4 O amor é sofrido, o amor é bondadoso, o amor non ten envexa, o amor non ten fachenda, 5 non se ensoberbece. Non actúa dun xeito indebido, non busca a súa comenencia, non se alporiza, non toma en conta o mal, 6 non se alegra na inxustiza senón que se alegra coa verdade; 7 É quén de sufrir todo, de crer todo, de esperar todo, de aturar todo. 8 O amor non deixa de ser dendexamais. Porque as profecías desaparecerán, as linguas cesarán, o coñecemento rematará; 9 porque en parte coñecemos e en parte profetizamos, 10 pero cando veña o que é perfecto, rematará aquelo que é limitado. 11 Cando eu era neno, falaba coma un neno, pensaba coma un neno e razoaba coma un neno; cando cheguei a home, deixei o que era de neno. 12 Porque agora vemos nun espello; pero daquela veremos cara a cara; agora coñezo en parte, pero entón hei coñecer coma fun coñecido. 13 Agora permanecen a fe, a esperanza e o amor, pero a meirande de todas as cousas é o amor.