Capítulo 12

1 Agora, irmáns, non quero que esteades na ignorancia en canto as cousas espirituais. 2 Sabedes que cando erades pagans, levábanvos como perdidos diante dos ídolos mudos. 3 Por iso declárovos que ninguén que fale polo Espírito de Deus, chama arrenegado a Xesús, e ninguén pode declarar que Xesús é o Señor, de non ser polo Espírito de Deus. 4 Agora ben, hai diferentes dons, pero o Espírito é o mesmo; 5 e hai diferentes servicios, pero o Señor é o mesmo; 6 e hai diferentes actividades, pero un mesmo Deus que fai posibles todas as cousas en todos. 7 E a cadaquén dáselle a manifestación do Espírito para o proveito de todos. 8 Porque a un o Espírito dalle palabra de sabedoría, a outro, palabra de coñecemento, según o mesmo Espírito. 9 A outro, fe, polo mesmo Espírito; aquel outro dons de sanidades, polo único Espírito; 10 a outro, actividades milagrosas; a outro profecía; a outro, discernimento de espíritos; a outro, distintas linguas; e a outro, interpretación de linguas. 11 Pero todas estas cousas son efectuadas polo mesmo Espírito, o único, quen reparte en particular a cada un como a Él lle parece. 12 Porque así como o corpo ten moitos membros pero é un, e todos os membros forman un só corpo, do mesmo xeito Cristo. 13 Pois por un so Espírito fomos todos batizados nun so corpo, tanto xudeos coma gregos, escravos ou livres, e a todos déusenos a beber un mesmo Espírito. 14 Pois ben, o corpo non está formado por un único membro, senón por moitos. 15 Se dixera o pé: "como non son man, non dependo do corpo", non por iso deixa de ser parte do corpo. 16 E se dixera unha orella: "como non son ollo, non dependo do corpo", non por iso deixa de ser parte do corpo. 17 Se todo o corpo for ollo, onde estaría o oído? Se todo for oído, onde estaría a nariz? 18 Pero Deus colocou a cada un dos membros no corpo, tal como Él quiso. 19 Se todos foran un único membro, onde estaría o corpo? 20 En realidade, os membros son moitos, pero o corpo é un so. 21 O ollo non pode dicir á man: "non te necesito", nen a testa pode decir ós pes: "non preciso de vos". 22 Todo o contrario, os membros do corpo que parecen mais débiles, son os mais necesarios; 23 e aqueles do corpo que nos parecen menos decorosos, cubrímolos de maior honra; e as nosas partes íntimas son tratadas con mais recato, 24 cousa da que as nosas partes mais decorosas non teñen necesidade. Así Deus ordenou o corpo, dando mais abundante honor a aquelo que mais lle faltaba. 25 para que non haxa división no corpo, senón que todos os membros se preocupen uns dos outros. 26 De tal xeito que se un membro padece, todos os membros comparten o mesmo sofremento, e se un membro recibe honra, alégranse todos con él. 27 Vos sodes o corpo de Cristo, e polo tanto, membros cada un pola sua parte.. 28 Deus colocou a todos na igrexa, primeiro apóstolos, segundo profetas: en terceiro lugar mestres, logo os poderes milagrosos, depois os dons de sanidade, as capacidades para axudar, e as linguas diferentes. 29 Todos son apóstolos? Son todos mestres? caso todos fan milagres? 30 Teñen todos dons de sanidade? Falan todos en linguas? Interpretan todos? 31 Cobizades, pois, os mellores dons, pero eu vous vou amosar un camiño mais excelente.