Capítulo 14

1 Aceptade ao que está débil na fe, pero sen xulgar as súas opinions. 2 Un que ten fé pode comer de todo, mais o débil só come verduras 3 O que come que non menosprece ao que non come e o que non come non xulgue ao que come, porque Deus o aceptou así. 4 Quen es ti para xulgar ao criado alleo? Quede en pé ou que caia é para o seu amo, e querdará en pé, porque poderoso é o Señor para mantélo firme 5 Un xulga que un día é mellor que outro, outro pensa que todos os días son iguais. Cada quen estea completamente convencido do seu propio sentir. 6 O que aparta certo día, para o Señor o aparta; e o que come, para o Señor come; e o que non come, para o Señor se abstén, e da grazas a Deus. 7 Porque ningún de nós vive para si e ningun morre para si mesmo; 8 xa que se vivimos, para o Señor vivimos, e se morremos, para o Señor morremos, polo tanto xa sexa que vivamos ou que morramos, do Seños somos. 9 Porque por isto morreu Cristo e resucitou, para ser o Señor tanto dos mortos coma dos vivos. 10 Mais ti, por que xulgas ao teu irmán? Ou tamén, ti, por que menostrezas ao teu irmán? Xa que todos compareceremos ante o tribunal de Deus. 11 Porque está escrito: Porque eu vivo - di o Señor - diante de min se axeollará todo o mundo e toda lingua ha confesar a Deus. 12 De xeito que cada un de nós dará conta de si mesmo. 13 Entón non nos xulguemos os uns aos outros, senon tomade esta decisión: non pór obstáculo aou pedra de tropezo diante do irmán. 14 Sei, e estou convencido no Señor Xesús, de que nada é inmundo en si mesmo; mais para o que pensa que algo é inmundo, para el si o é. 15 Porque se por mor da comida o teu irmán se pon triste, xa non obras segundo o amor. Non destruas coa comida a aquel por quen Cristo morreu. 16 Polo tanto, non permitades que se fale mal do que para nós é bo. 17 Porque o Reino de Deus non é comida nen bebida, senon xustiza, paz e gozo no Espírito Santo. 18 Porque o que sirve a Cristo nisto, é agradable a Deus e aprobado polos homes. 19 Así que busquemos o que contribue á paz e á edificación o un do outro. 20 Non destruas a obra de Deus por causa da comida. Certamente todas as cousas son limpas, mais son malas para a persoa que escandaliza a outro co que come. 21 É mellor non comer carne nen beber viño nen facer calquera cousa que faga tropezar ao teu irmán. 22 A convicción que ti tes, gárdaa para ti proprio diante de Deus. Feliz o que non se condena a si mesmo no que aproba. 23 Mais o que dubida, se come se condena porque non o fai por convicción; e todo o que non procede da fe, é pecado.