Capítulo 15

1 Nós, os que somos fortes, debemos levar as feblezas dos débiles e non agradarnos a nós mesmos. 2 Cada un de nós agrade ao seu próximo no que é bo para a súa edificación. 3 Pois nin tan sequera Cristo agradouse a sí mesmo; antes ben, como está escrito: As inxurias dos que te inxuriaban caeron sobre min. 4 Porque todo o que foi escrito en tempos pasados, para a vosa ensinanza se escribiu, a fin de que a traveso da paciencia e do consolo das Escrituras teñamos esperanza. 5 E que o Deus da paciencia e do consolo concédavos ter o mesmo sentir os uns para cos outros conforme a Cristo Xesús, 6 para que en común, a unha voz, glorifiquedes ao Deus e Pai do noso Señor Xesus Cristo. 7 Polo tanto, aceptádevos os uns aos outros , como tamén Cristo aceptounos para gloria de Deus. 8 Pois vos digo que Cristo fíxose servidor da circuncisión para amosar a verdade de Deus, para confirmar as promesas dadas aos pais, 9 e para que os xentís glorifiquen a Deus pola súa misericordia, como está escrito: Polo tanto confesareite entre os xentís e ao teu nome cantarei. 10 E volve dicir: Alegrádevos xentís có seu pobo. 11 E de novo: Loade ao Señor tódolos xentís e celébreno tódolos pobos. 12 E á súa vez, Isaías di: será a raiz de Isaí, o que se levanta a rexer aos xentís; os xentís poñerán nel a súa esperanza. 13 E o Deus da esperanza vos encha de todo gozo e paz no crer, para que desbordedes na esperanza polo poder do Espírito Santo. 14 En canto a vós, meus irmáns, eu mesmo estou tamén convencido de que vós estades cheos de bondade, cheos de todo coñecemento e capaces tamén de exhortaros os uns aos outros. 15 Pero escrivinvos con atrevemento sobre algunhas cousas, para facer así que as recordedes outra vez, pola graza que me foi dada por Deus, 16 para ser ministro de Cristo Xesús aos xentís, ministrado ao xeito de sacerdote o evanxeo de Deus, a fin de que a ofrenda que fago dos xentís sexa aceptable, santificada polo Espírito Santo. 17 Polo tanto, en Cristo Xesús atopei razón para gloriarme nas cousas que se refiren a Deus. 18 Porque non me atreverei a falar de nada senón do que Cristo fixo por medio de min para a obediencia dos xentís, en palabra e en obra, 19 co poder dos sinais e prodixios, no poder do Espírito de Deus de xeito que dende Xerusalén e polos arredores ata o Ilírico prediquei con toda a súa plenitude o evanxeo de Cristo. 20 Deste xeito esforceime en anunciar o evanxeo, non onde Cristo xa era coñecido, para non edificar sobre o fundamento de outro, 21 senón como está escrito: Aqueles aos que nunca lles foi anunciado sobre Él, verán, e aos que non oíron, entendan. 22 Por esta razón moitas veces vinme impedido de ir a vós 23 pero agora, non quedando xa máis lugares para min nestas rexións e posto que por moitos anos tiven un gran desexo de is a vós, 24 cando vaia a España irei a vós. Porque agardo veros ao pasar e que me axudedes a continuar cara aló, despois de que goce un pouco da vosa compañía. 25 Pero agora vou a Xerusalén para o servizo dos santos, 26 Pois en Macedonia e Acaia tiveron a ben facerme unha colecta para os pobres de entre os santos que están en Xerusalén. 27 Si, tiveron a ben facelo e a verdade é que están en débeda con eles. Porque se os xentís participaron dos seus bens espirituais, tamén están obrigados a servir aos santos nos bens materiais. 28 Así que cando leve a cabo isto e lles entregue esta ofrenda, irei a España chegando de paso a vervos. 29 E sei que cando vaia a vós, irei na plenitudeda bendición de Cristo. 30 Rógovos, irmáns, polo noso señor Xesús Cristo e polo amor do Espírito, que vos esforcedes xuntamente comigo nas vosas oracións a Deus por min, 31 para que sexa librado dos que son desobedientes en Xudea, e que o meu servizo a Xerusalen sexa aceptable aos santos 32 e para que con gozo chegue a vós por unha vontade de Deus, e atope repouso canda vós. 33 O Deus de paz sexa con todos vós. Amén.