Capítulo 9

1 Ao pasar Xesús, viu un home que nacera cego. 2 Os seus discípulos preguntáronlle, dicindo: Rabí, quen pecou, este ou os seus pais, para que nacera cego? 3 Xesús respondeu: Nen este pecou nen os seus pais; senón que está cego para que as obras de Deus se manifesten nel. 4 Nós debemos facer as obras do que me enviou, mentres é de día; ven a noite cando ninguén pode traballar. 5 Mentres estou no mundo, eu son a luz do mundo. 6 Logo de dicir isto, cuspiu en terra e fixo lama co cuspe e untoulle os ollos coa lama, 7 e díxolle: Vaite lavar no tanque de Siloé ( que significa, Enviado). El foi e lavouse, e voltou vendo. 8 Entón os veciños e os que antes viran que era un mendigo, dicían: Non era este o que se sentaba e mendigaba? Uns dicían: El é; e 9 outros dicían: Non, pero parécese a el. El dicía: Son eu 10 Entón dicíanlle: como che abriron os ollos? 11 El respondeu: O home que se chama Xesús fixo lama, untouna nos meus ollos e díxome: Vai ao Siloé e lávate. Así fun, laveime e recibín a vista. 12 E dixéronlle: Onde está el. El dixo: Non o sei. 13 Levaron ante os fariseos o que fora cego. 14 E era día de repouso o día en que Xesús fixo a lama e lle abriu os ollos. 15 Entón os fariseos volvéronlle preguntar como recebera a vista. El díxolles: Púxome lama nos ollos, laveime e vexo. 16 Por iso algúns dos fariseos dicían: Este home non vén de Deus porque non garda o día de repouso. Pero outros dicían: Como pode un home pecador facer estes sinais? E había división entre eles. 17 Entón dixeron outra vez ao cego: Que dis ti del, pois abriuche os ollos? El dixo: É un profeta. 18 Entón os xudeus non creron que fora cego, e que recibira a vista, ata que chamaron os seus pais do que recebera a vista. 19 e preguntáronlle dicindo: É este o voso fillo, o que vós dicides que naceu cego? Como é que agora ve? 20 Os seus pais respondéronlles e dixeron: Sabemos que este é o noso fillo e naceu cego; 21 pero como é que agora ve, non o sabemos; ou quen lle abriu os ollos, non o sabemos. Preguntádelle a el; idade ten dabondo e falará por si mesmo. 22 Os seus pais dixeron isto porque tiñan medo aos xudeus, porque os xudeus xa acordaran que se algún confesaba que Xesús era o Cristo, fose expulsado da sinagoga. 23 Por iso os pais dixeron: Idade ten, preguntádelle a el. 24 Por segunda vez chamaron ao home fora cego e dixéronlle: Da gloria a Deus; nós sabemos que este home é un pecador. 25 Entón el contestoulles: Se é pecador, non o sei; unha cousa sei: que eu era cego e agora vexo. 26 Dixéronlle: Que che fixo? Como che abriu os ollos? 27 El contestoulles: Xa volo dixen e non ouvistes. Por que queredes ouvilo outra vez? E que tamén vós queredes ser dos seus discípulos? 28 Entón insultárono e dixéronlle: Ti es dicípulo dese home; pero nós somos discípulos de Moisés. 29 Nós sabemos que Deus falou a Moisés, pero sobre este, non sabemos de onde é. 28 Entón insultárono e dixéronlle: Ti es dicípulo dese home; pero nós somos discípulos de Moisés. 29 Nós sabemos que Deus falou a Moisés, pero sobre este, non sabemos de onde é. 30 Respondeu o home e díxolles: Pois nisto hai algo portentoso: que vós non saibades de onde é, e porén, abriume os ollos. 31 Sabemos que Deus non hoube os pecadores; pero se alguén teme a Deus e fai a súa vontade, a este ouve. 32 Dende o principio da creación nunca se ouvira dicir que alguén abrira os ollos a un cego de nacemento. 33 Se este non viñera de Deus, nada podería facer. 34 Respondendo eles dixéronlle: Naciches todo ti en pecados, e ti nos ensinas, a nós? E botárono fora. 35 Ouviu Xesús que o botaran fora, e topándoo, díxolle: Cres ti no Fillo do Home? 36 Respondeulle e dixo: E quen é, Señor, para que eu crea nel? 37 Díxolle Xesús: Pois ti víchelo, e o que está a falar contigo, ese é. 38 Entón el dixo: Creo, Señor. E adorouno. 39 E dixo Xesús: Eu viñen a este mundo para xuízo, para os que non ven, vexan, e para os que ven, ceguen. 40 Algúns dos fariseos que estaban con el ouviron isto e dixéronlle: E logo, nós tamén somos cegos? 41 Díxolles Xesús: Se fórades cegos non teríades pecado; pero porque dicides " Vemos", o voso pecado permanece.