Capítulo 8

1 Pero Xesús foise ao monte das oliveiras. 2 E ao amencer veu outra vez ao templo, e todo o pobo viña a El; e sentándose ensináballes. 3 Os escribas e os fariseos trouxeron unha muller sorprendida en adulterio, 4 e poñéndoa no medio, dixéronlle: Mestre, esta muller foi sorprendida no mesmo acto do adulterio. 5 E na lei, Moisés ordenounos apedrear a esta clase de mulleres; ti que dis? 6 Dicían isto para ter de que o acusar. Pero Xesús inclinouse e escrebía co seu dedo na terra 7 Pero como insistían en lle preguntar, Xesús endereitouse e díxolles: O que de vós estea sen pecado, sexa o primeiro en lle lanzar unha pedra. 8 E inclinándose de novo escrebía en terra. 9 Eles ao ouvir isto, foron marchando un a un, comezando polos de maior idade, e deixando só a Xesús e a muller que estaba no medio. 10 Endereitándose díxolle Xesús: Muller, onde están eles? Ningún te condenou? 11 Ela respondeu: Ningún Señor. Díxolle Xesús: eu tampouco te condeno. Vaite; dende agora non peques máis. 12 Xesús faloulles outra vez decindo: Eu son a luz do mundo; o que me segue non andará en tebras, senón que terá a luz da vida. 13 Entón os fariseos dixéronlle: Ti testemuñas de ti mesmo; o teu testemuño non é verdadeiro. 14 Respondeu Xesús e díxolles: Aínda que dou testemuño de min mesmo o meu testemuño é verdadeiro, porque eu sei donde viñen e onde vou; pero vós non sabedes donde veño nen para onde vou. 15 Vós xulgades segundo a carne; eu non julgo a ninguén. 16 Pero se eu xulgo o meu xuizo é verdadeiro, porque non son eu só, senón eu e o Pai que me enviou. 17 Aínda que na vosa lei está escrito que o testemuño de dúas persoas é verdadeiro. 18 Eu son o que da testemuño de min mesmo, e o Pai que me enviou testemuña de min. 19 Entón dicíanlle: Onde está teu Pai?Xesús respondeu: Non me coñecedes nen a min nen ao meu Pai. Se me coñecérades a min, tamén coñeceríades o meu Pai. 20 Estas palabras pronuncionas no lugar do tesouro, cando ensinaba no templo; e ninguén o prendeu, porque aínda non chegara a súa hora. 21 Entón díxolles de novo: Eu voume, e buscarédesme, e morreredes no voso pecado; para onde eu vou, vós non podedes vir. 22 Por iso os xudeus dicían: Acaso vaise suicidar, pois di " Onde eu vou, vós non podedes vir? 23 E Xesús dicíalles: Vós sodes de baixo, eu son de riba; vós sodes deste mundo, eu non son deste mundo. 24 Por iso vos dixen que morredes nos vosos pecados.; porque se non credes que eu son, morreredes nos vosos pecados. 25 Entón dicíanlle: Ti quen es? Xesús díxolles: Que vos estiven dicindo dende o principio?. 26 Teño moito que dicir e xulgar de vós, pero o que me enviou é verdadeiro; e eu, as cousas que ouvín del, esas falo ao mundo. 27 Non comprenderon que lles falaba do Pai. 28 Por iso Xesús dixo: Cando levantedes o Fillo do Home, entón saberedes que eu son e que non fago nada pola miña conta, senón que falo estas cousas, como o Pai me ensinou. 29 E El que me enviou está comigo; non me deixou so, porque eu sempre fago o que lle agrada. 30 Ao falar estas cousas, moitos creron nel. 31 Entón dicía Xesús aos xudeus que creran nel: Se vós permanecedes na miña palabra, en verdade sodes os meus dicípulos; 32 e coñeceredes a verdade, e a verdade vos libertará. 33 Eles contestáronlle: Somos descendentes de Abraham e nunca fomos escravos de ninguén. Como dis ti: Seredes libres?. 34 Respondeulles Xesús: En verdade, en verdade vos digo que todo o que comete pecado é escravo do pecado, 35 e o escravo non fica na casa para sempre. 36 Por tanto, se o Fillo vos fai libres, seredes realmente libres. 37 Xa sei que sodes descendentes de Abraham, porén procurades matarme porque a miña palabra non pode morar en vós. 38 Eu falo do que vin co meu Pai; vós, facedes tamén, do que ouvistes co voso pai. 39 Eles contestáronlle e dixéronlle: Abraham é o noso pai. Xesús díxolles: Se sodes fillos de Abraham, facede as obras de Abraham. 40 Pero agora procurades matarme, a min que vos dixen a verdade que ouvín de Deus. Abraham non fixo isto. 41 Vós facedes as obras do voso pai. Eles dixéronlle: Nós non nacimos de fornicación; temos un Pai que é Deus. 42 Xesús díxolles: Se Deus fose o voso Pai, amaríadesme, porque eu saín de Deus e viñen del, pois non viñen pola miña conta, senón que El me enviou. 43 Por que non entendedes o que digo? Porque non podedes ouvir a miña palabra. 44 Sodes do voso pai o demo e queredes facer o que o voso pai desexa. El dende o comezo foi un homicida, e non permaneceu na verdade porque non hai verdade nel. Cando fala mentira, fala da súa propia natureza, porque é mentireiro e pai da mentira. 45 Pero porque eu digo a verdade, non credes en min. 46 Quen de vós proba en min que teño pecado? E se digo a verdade, porque vós non credes en min? 47 O que é de Deus ouve as palabras de Deus; por iso vós non ouvides, porque non sodes de Deus. 48 Contestaron os xudeus e dixéronlle: Non dicimos con razón que ti es samaritano e tes un demo? 49 Xesús respondeu: eu non teño ningún demo, senón que honro o meu pai, e vós deshonrádesme a min. 50 Pero eu non busco a miña gloria; hai Un que a busca e xulga. 51 En verdade, en verdade vos digo que se algún garda a miña palabra, xamais verá a morte. 52 Os xudeus dixéronlle: Agora estamos certos en que tes un demo. Abraham morreu, e tamén os profetas, e ti dis: "Se algún garda a miña palabra xamais probará a morte". 53 Acaso es ti maior que o noso pai Abraham que morreu? Os profetas tamén morreron; Quen tes cres ser? 54 Xesús respondeu: Se eu me glorifico a min mesmo, a miña gloria non é nada; O meu Pai é o que me glorifica, de quen vós dicides: " El é o noso Deus". 55 E vós non o coñecestes, pero eu coñézoo; e se digo que non o coñezo serei un mentireiro como vós; porén si o coñezo e gardo a súa palabra. 56 O voso pai Abraham, encheuse de alegría agardando ver o meu día; e viuno e alegrouse. 57 Por isto os xudeous dixéronlle: Aínda non tes cincuenta anos, e xa viches a Abraham?. 58 Xesús díxolles: En verdade, en verdade vos digo: Antes que nacese Abraham, eu son. 59 Entón colleron pedras para llas lanzar a el, pero Xesús escondeuse e saiu do templo.