Capítulo 7

1 Despois disto Xesús andaba por Galilea; e non quería andar por Xudea, porque os xudeus procuraban matalo. 2 E a festa dos xudeus, a dos Tabernáculos, estaba próxima. 3 Por iso dixéronlle os seus irmáns: Deixa isto e vaite a Xudea para que os teus dicípulos vexan tamén as obras que ti fas. 4 Porque ninguén fai nada ás agachadas cando procura ser coñecido en público. Se fas estas cousas, móstrate ao mundo. 5 Porque nen os seus irmáns crian nel. 6 Entón Xesús díxolles: O meu tempo aínda non chegou, pero o voso tempo sempre é oportuno. 7 O mundo non pode odiarvos, pero ódiame a min, porque eu dou testemuño del, que a súas obras son malas. 8 Subide vós á festa; eu non subo a esta festa porque o meu tempo non está cumprido. 9 E logo de dicirlles isto, ficou en Galilea. 10 Pero cando os seus irmáns subiron á festa, entón el tamén subiu; non abertamente senón ás agachadas. 11 Os xudeus andaban na súa procura na festa e dicían: Onde se meteu ese?. 12 E había moita murmuración entre a xente acerca del. Uns dicían: El é bo. Outros dicían: non, todo o contrario, engana as persoas. 13 Porén, ninguén falaba abertamente del por medo aos xudeus. 14 Pero xa na metade da festa, Xesús subiu ao templo e comezou a ensinar. 15 Entón os xudeus admirábanse del dicindo: Como pode este saber de letras sen ter estudado? 16 Entón Xesús respondeulles dicindo: O meu ensino non é meu senón daquel quen me enviou. 17 Se alguén quere facer a súa vontade, saberá se a miña ensinanza é de Deus ou se falo de min mesmo. 18 O que fala de si mesmo procura a súa propia gloria; mais o que procura a gloria de quen o enviou, este é verdadeiro e non hai inxustiza nel. 19 Non vos deu Moisés a lei, e porén ninguén de vós a cumpre? Por que estades á procura de me matar?. 20 A multitude contestou: Tes un demo!, quen te procura matar? 21 Respondeu Xesús e díxolles: Só fixen unha obra e todos vos admirades. 22 Por iso Moisés deuvos a circuncisión ( non porque sexa de Moisés senón dos pais) e no día de repouso circuncidades o home. 23 E se para non violar a lei de Moisés circuncidades un home no día de repouso, por que vos incomodades comigo porque sanei por completo un home no día de repouso? 24 Non xulguedes polo que se ve, senón xulgade con xuízo xusto. 25 Entón algúns de Xerusalém dicían: Non é este o que procuran matar? 26 E aí o tedes, fala en público e non lle din nada. Non será que en verdade os gobernantes recoñecen que este é o Cristo? 27 Porén, nós sabemos de onde é este; pero cando veña o Cristo, ninguén saberá de onde é. 28 Xesús exclamou en alta voz mentres ensinaba no templo: Vós coñecédesme e sabedes de onde son. Eu non viñen pola miña conta, pero o que me enviou é verdadeiro, a quen vós non coñecedes. 29 Eu coñézoo porque del procedo , e el me enviou. 30 Procuraban pois, prendelo; pero ninguén lle botou man, porque aínda non chegara a súa hora. 31 Pero moitos da multitude creron nel, e dicían: Cando veña o Cristo, fará máis sinais das que ten feito este? 32 Os fariseos ouviron a multitude murmurando estas cousas del, e os principais sacerdotes e fariseos enviaron alguacís para prendelo. 33 Entón dixo Xesús: Por un pouco máis de tempo estou convosco; despois vou ao que me enviou. 34 Buscarédesme e non me habedes atopar, e onde eu estou vós non podedes vir. 35 Decían entón os xudeus entre si: Onde pensa irse este, que non o atopemos? Será que quere irse aos dispersos entre os gregos e ensinar aos gregos? 36 Que quere dicir isto que dixo: Buscarédesme e non me habedes atopar, e onde eu estou vós non podedes vir? 37 E no último día, o grande da festa, Xesús púxose en pé e dixo en voz alta: Se algún ten sede, que veña a min e beba. 38 O que cre en min, como di a Escritura: "Do máis fondo do seu ser, correrán ríos de auga viva. 39 (Pero El dicía isto do Espírito que habían de receber os que creran nel; porque o Espírito, aínda non fora dado, pois Xesús non fora glorificado). 40 Entón algúns da multitude, cando ouviron estas palabras , dicían: Verdadeiramente este é o Profeta. 41 Outros dicían: Este é o Cristo. Pero outros dicían: Acaso o Cristo ha de vir de Galilea?. 42 Non di a Escritura que o Cristo vén da descendencia de David, e de Belén, a aldea de onde era David? 43 Así se creou división entre a multitude por causa del. 44 E moitos deles querían prendelo, pero ninguén lle botou a man. 45 Entón os alguacís foron cara os principais sacerdotes e fariseos e estes lle dixeron: Por que non o trouxestes? 46 Os alguacís responderon: Endexamais ningún home ten falado como este home fala. 47 Entón contestáronlle os fariseos: É que vós tamén vos deixastes enganar? 48 Ten crido nel algún dos gobernantes ou dos fariseos? 49 Pero esta multitude que non coñece a lei, é maldita. 50 Nicodemo, o que viñera a Xesús antes, e que era un deles, díxolles: 51 Dende cando xulga a nosa lei a un home sen escoitalo primeiro, e saber o que fai? 52 Respondendo dixéronlle: Es ti tamén de Galilea? Investiga e verás que ningún profeta xurde de Galilea. 53 E cada un foise para a súa casa.