Capítulo 20

1 E o primeiro día da semana María Magdalena foi cedo ao sepulcro, cando ainda estaba oscuro, e viu que xa a pedra fora quitada do sepulcro. 2 Entón correu e foi a Simón Pedro e ao outro discípulo a quen Xesús amaba, e díxolles: Leváronse ao Señor do sepulcro, e non sabemos onde o puxeron. 3 Saíron, pois, Pedro e o outro discípulo, e ían cara o sepulcro. 4 Os dous corrían xuntos, peroo discípulo correu máis a presa que Pedro, e chegou primeiro ao sepulcro; 5 e inclinándose para mirar adentro, viu as envolturas de liño alí postas, pero non entrou. 6 Entón chegou tamén , entrou ao sepulcro, Simón Pedro tras del, e viu as envolturas de liño alí postas, 7 e o sudario que estivera na cabeza de Xesús, non colocado coas envolturas de liño, senón enrolado nun lugar aparte. 8 Entón entrou tamén o outro discípulo, o que chegara primeiro ao sepulcro, e viu e creu. 9 Porque todavía non creran a Escritura, que Xesús debía resucitar de entre os mortos. 10 Os discípulos entón fóronse de novo ás súas casas. 11 Pero María estaba fora, chorando a carón do sepulcro; e mentres choraba, inclinouse e mirou dentro do sepulcro; 12 e viu dous anxos vestidos de branco, sentados onde estivera o corpo de Xesús, un á cabeceira e outro aos pés. 13 E eles dixéronlle: Muller por que choras? Ela díxolle: Porque leváronse ao meu Señor, e non sei onde o puxeron. 14 Ao dicir isto, volveuse e viu a Xesús que estaba alí, pero non sabía que era Xesús. 15 Xesús díxolle: Muller por que choras? A quen buscas? Ela, pensando que era o xardiñeiro, díxolle: Señor, se ti o levaches, dime onde o puxeches, e eu levareino. 16 Xesús díxolle: María! Ela, volvéndose, díxolle en hebreo: Raboni! ( que quere dicir, Mestre). 17 Xesús díxolle: Sóltame porque todavía non subín ao Pai; pero vai aos meus irmáns, e dilles: " Subo para meu Pai e para voso Pai, para meus Deus e para voso Deus. 18 Foi María Magdalena e anunciou aos discípulos. Vin ao Señor!, e que el lle dixera estas cousas. 19 Entón, no solpor daquel día, o primeiro da semana, e estando pechadas as portas do lugar onde os discípulos estaban por medo dos xudeus, Xesús veu e púxose en medio deles, e díxolles: Paz a vós! 20 E decindo isto mostroullesas máns e o costado. Entón os discípulos alegráronse ao ver ao Señor. 21 Xesús entón, díxolles outra vez: Paz a vós; como o Pai me enviou, así eu vos envío. 22 Despois de dicir isto, soprou entre eles e díxolles: Recibide o Espírito Santo. 23 A quen perdoedes os pecados, estes lle son perdoados; a quen reteñades os pecados, estes lle son retidos. 24 Tomás , un dos doce, chamado o Dídimo ( isto é: xemelgo) , non estaba con eles cando Xesús veu. 25 Entón os outros discípulos decíanlle: Vimos ao Señor! Pero el dixo: Se non vexo nas súas mans o sinal dos cravos, e meto o dedo no lugar dos cravos, e poño a miña man no seu costado, non crerei. 26 Oito días despois, seus discípulos estaban outra vez dentro, e Tomás con eles. E estando as portas pechadas, Xesús veu e púxose en medio deles, e dixo: Paz a vós. 27 Logo, dixo a Tomás: Achega aquí teu dedo, e olla miñas mans; estende aquí túa man e métea no meu costado; e non sexas incrédulo, senón crente. 28 Respondeu Tomás e díxolle: Señor meu e Deus meu! Xesús díxolle: Porque me viches, criches? 29 Benaventurados os que non viron, e poren creron. 30 E moitas outras sinais fixo tamén Xesús en presenza dos seus discípulos, que non están escritas neste libro; 31 pero estas escrebéronse para que creades que Xesús é o Cristo, o Fillo de Deus; e para que ao crer, teñades vida no seu nome.