Capítulo 19

1 Pilatos, pois, tomou a Xesús e azoutouno. 2 E os soldados entrelazaron unha coroa de espiñas, puxérona sobre súa cabeza e vestírono cun manto purpurino; 3 e achegándose a el, decíanlle: Salve, Rei dos xudeus! E dábanlle labazadas. 4 Pilatos saiu outra vez, e díxolles: Velaí, tráigovolo fora, para que saibades que non topo ningún delito nel. 5 Xesús entón saíu fora levando a coroa de espiñas e o manto purpurino. E Pilatos díxolles: Velaí o Home! 6 Entón, cando o viron os principais sacerdotes e os oficiais, berraron decindo: Crucifícao!, crucifícao! Pilatos díxolles: Tomádeo vós e crucificádeo, porque eu non topo ningún delito nel. 7 Os xudeus respondéronlle: Nós temos unha lei, e segundo esa lei el debe morrer, porque pretendeu seres o Fillo de Deus. 8 Cando Pilatos ouviu estas palabras, colleu máis medo. 9 Entrou de novo no Pretorio e díxolle a Xesús: De onde es ti? Pero Xesús non lle deu resposta. 10 Pilatos entón díxolle: A min non me falas? Non sabes que teño autoridade para te soltar, e que teño autoridade para te crucificar? 11 Xesús respondeu: Ningunha autoridade terías sobre min se non che fose dada de arriba; por iso o que me entregou a ti, ten maior pecado. 12 Como resultado disto, Pilatos procuraba soltalo, pero os xudeus berraron, decindo: Se soltas a este, non es amigo do César; todo o que se fai Rei oponse ao César. 13 Entón Pilatos, cando ouviu estas palabras, sacou fora a Xesús e sentouno no tribunal, nun lugar chamado Litóstroton ( Empedrado) , e en hebreo Gabata. 14 E era o día da preparación da Páscoa; era como a hora sexta ( As seis da mañá na hora romana) E Pilatos dixo aos xudeus: Velaí voso Rei. 15 Entón eles berraron: Fora! Fora! Crucifícao! Pilatos díxolles: A voso Rei hei crucificar? Os principais sacerdotes responderon: Non temos máis rei que César. 16 Así que entón entregouno a eles para que fose crucificado. 17 Tomaron , pois, a Xesús e El saíu cargando súa cruz ao lugar chamado da Caveira, que en hebreo dise Gólgota, 18 onde o crucificaron, e con El a outros dous, un de cada lado e Xesús no medio. 19 Pilatos tamén escrebeu un título e púxoo sobre a cruz. E estaba escrito: XESÚS O NAZARENO, REI DOS XUDEUS. 20 Entón moitos xudeus leron este título, porque estaba escrito en hebreo, en latín e en grego. 21 Por iso os principais sacerdotes dos xudeus decían a Pilatos: Non escrebas, " Rei dos xudeus"; senón que El dixo: "Eu son Rei dos xudeus." 22 Pilatos respondeu: O que escribín, escribín. 23 Entón os soldados, cando crucificaron a Xesús, tomaron os seus vestidos e fixeron catro partes, unha para cada soldado. E tomaron tamén a túnica; e a túnica era sen costura, tecida nunha soa peza. 24 Por tanto dixéronse uns a outros: Non a partamos; senón botemos sortes sobre ela, para ver de quen será; para que se cumprira a Escritura: Repartiron entre si miñas roupas, e sobre miña roupa lanzaron sortes. 25 Por iso os soldados fixeron isto. E xunto a cruz de Xesús estaba súa nai, a irmá da súa nai, María, a muller de Cleofas, e María Magdalena. 26 E cando Xesús viu súa nai, e o discípulo a quen El amaba que estaba alí perto, dixo a súa nai: Muller, velaí teu fillo! 27 Logo dixo ao discípulo: Velaí túa nai! E dende aquela hora o discípulo recebeuna na súa morada. 28 Despois desto, sabendo Xesús que todo xa se consumara, para que se cumprira a Escritura, dixo: Teño sede. 29 Había alí un vaso cheo de vinagre; colocaron, pois, unha esponxa mergullada no vinagre nun ramal de hisopo, e achegáronllo á boca. 30 Entón Xesús, cando tomou o vinagre, dixo: Consumado é! E baixando a cabeza, entregou o espírito. 31 Os xudeus entón, como era o día da preparación para a Páscoa, a fin de que os corpos non ficaran na cruz o día de repouso ( Era sábado) ( porque ese día de repouso era moi solemne), pediron a Pilatos que lle quebraran as pernas e que os levaran. 32 Foron, pois, os soldados e quebraron as pernas do primeiro, e tamén as do outro que fora crucificado con Xesús; 33 pero cando chegaron a Xesús, como viron que estaba morto, non lle quebraron as pernas. 34 Pero un dos soldados traspasoulle o costado cunha lanza, e ao momento saiu sangue e auga. 35 E o que o viu diu testemuño; e o seu testemuño é verdadeiro; e el sabe que di a verdade, para que vós tamén creades. 36 Porque isto aconteceu para que se cumprira a Escritura: O SEU ÓSO NON SERÁ QUEBRADO. 37 E tamén outra Escritura di: OLLARÁN AO QUE TRASPASARON. 38 Despois destas cousas, Xosé de Arimatea, que era discípulo de Xesús, inda que en segredo por medo aos xudeus, pediu permiso a Pilatos para levar o corpo de Xesús. 39 E Nicodemo, o que antes viñera a Xesús de noite, veu tamén, traendo unha mistura ( un paquete) de mirra e aloes, como de cen libras. 40 Entón tomaron o corpo de Xesús e envolvérono en lenzos de liño coas especias aromáticas, como os xudeus acostuman no sepultar. 41 No lugar onde foi sepultado había unha horta, e na horta un novo sepulcro, no que aínda non tiñan sepultado a ninguén. 42 Por tanto, por causa do día da preparación dos xudeus, como o sepulcho estaba perto, puxeron alí a Xesús.