Capítulo 21

1 Despois disto, Xesús manifestouse outra vez aos discípulos xunto ao mar de Tiberias e manifestouse deste xeito: 2 Estaban xuntos Simón Pedro, Tomás chamado Dídimo ( isto é: xemelgo) ,Natanael de Caná de Galilea, os fillos de Zebedeo e outros dous dos seus discípulos. 3 Simón Pedro díxolles: Vou pescar. Eles dixéronlle:Tamén imos nós contigo. Foron e entraron na barca, e aquela noite non pescaron nada. 4 No abrente do día, Xesús estaba na praia; pero os discípulos non sabían que era Xesús. 5 Entón Xesús díxolles: Fillos, non teredes algún peixe? Respondéronlle: Non. 6 E el díxolles: Botade a rede ao lado dereito da barca, e toparedes peixes. Entón botárona, e non podían sacala porque había gran cantidade de peixes. 7 Entón aquel discípulo a quen Xesús amaba, dixo a Pedro: É o Señor! Ouvindo, pois, Simón Pedro que era o Señor, vestiuse ( porque tirara a roupa para poder traballar), e botouse ao mar. 8 Pero os outros discípulos viñeron na barca, porque non estaba lonxe de terra, senón a uns cen metros, arrastrando a rede chea de peixes. 9 Entón, cando baixaron a terra, viron brasas xa postas, e un peixe colocado nelas, e pan. 10 Xesús díxolles: Traede algúns dos peixes que pescastes agora. 11 Simón Pedro subiu á barca, e sacou a rede para a terra, chea de peixes grandes, cento cincuenta e tres; e aínda que babía tantos, a rede non rachou. 12 Xesús díxolles: Vide e almorzade. Ningún dos discípulos atreveuse a preguntarlle: Que ves sendo?, sabendo que era o Señor. 13 Xesús veu, tomou o pan e diullo; e fixo igual co peixe. 14 Esta foi a terceira vez que Xesús se manifestou aos discípulos, logo de haber resucitado dos mortos. 15 Entón, cando remataron o almorzo, Xesús dixo a Simón Pedro: Simón, fillo de Xoán, ámasme máis ca estes? Pedro díxolle: Si Señor, ti sabes que te quero. Xesús díxolle: Alinda meus cordeiros. 16 E volveulle dicir por segunda vez: Simón, fillo de Xoán, ámasme? Pedro díxolle: Si Señor, ti sabes que te quero. Xesús díxolle: Pastorea miñas ovellas. 17 Díxolle por terceira vez: Simón, fillo de Xoán: quéresme? Pedro entristeceu porque a terceira vez díxolle: quéresme? e respondeulle: Señor ti sábelo todo; tisabes que te quero. Xesús díxolle: Alinda miñas ovellas. 18 En verdade, en verdade che digo, : cando eras máis novo, vestíaste e andabas por onde querías; pero cando sexas vello, estenderás as máns e outro te vestirá, e levarate onde non queiras. 19 Isto dixoo, dando a entender o tipo de morte con que Pedro glorificaría a Deus. E habendo dito isto, díxolle: Ségueme 20 Pedro, virándose, viu que lles seguía o discípulo a quen Xesús amaba, o que na cea se recostara sobre o peito de Xesús e dixera: Señor, quen é o que te vai entregar? 21 Entón Pedro ao velo dixo a Xesús: Señor, e este que? 22 Xesús díxolle: Se eu quero que el quede até que eu veña, a ti que? Ti, ségueme. 23 Por iso correu entre os irmáns o conto de que o discípulo non morrería; pero Xesús non lle dixo que non morrería, senón: Se eu quero que se quede até que eu veña, a ti que?. 24 Este é o discípulo que da testemuño destas cousas e o que escrebeu isto, e sabemos que o seu testemuño é verdadeiro. 25 Hai tamén moitas cousas que Xesús fixo, que se se escreberan polo miudo, penso que nen ainda mesmo o mundo podería conter os libros que se escreberían.