Capítulo 5

1 Cristo fíxonos libres para sermos libres. Por iso, non vos poñades un xugo de escravitude coma o que tiñades; estade firmes. 2 Ollade para min, eu Pablo, vos aseguro que non ides ter ningunha mellora de Cristo, se vos circuncidades 3 Eu son testemuña para todas as persoas, de que se vos deixades circuncidar, estades obrigados a cumprir a lei, e esquecedes a graza. 4 Os que buscan ser xustos pola lei están afastados de Cristo. 5 Porque, a través do Espíritu, pola fe, agardamos a esperanza segura da xustiza. 6 En Cristo Xesús nada vale circuncidarse ou non, senón só a fe traballando mediante o amor. 7 Íades correndo ben. Que vos impediu obedecer á verdade? 8 Esta certeza non ven de quen vos chama. 9 Un chisco de levadura fermenta toda a masa. 10 Confío no Señor que vos garde para non crer noutra cousa que non sexa a verdadeira boa nova. Calquera que sexa que os esté amolando terá o seu castigo. 11 Irmáns, se eu aínda proclamo a circuncisión, por que sigo a ser perseguido?. Nese caso a pedra da cruz, que era de tropezo, deixaría de selo. 12 En relazón aos que vos están amolando, que bo sería que eles mesmos se mutilaran! 13 Porque a vós se vos chamou á libertade. Non a usedes para que a natureza pecaminosa campe, mais servídevos en amor os uns aos outros. 14 porque toda a lei está cumprida nunha palabra: amarás ao teu próximo como se foses tí 15 Pero se vos mordedes e comedes uns aos outros, tede conta de non vos consumir entre vós. 16 Pero eu digo: camiñade no Espíritu e afastádevos do querer natural do pecado. 17 Porque este querer está defronte do Espíritu, e os desexos do Espíritu están enfronte aos do querer natural do pecado. Pois estes loitan entre eles, por tanto non sodes quen de facer as cousas que queredes. 18 Agora ben, se vos guía o Espíritu, non estades debaixo da lei. 19 Os feitos da natureza de pecado son moi claros: prostitución, impureza e lascivia. 20 Idolatría, meigallos, enemizades, loitas, ciumes, iras, pelexas, divisións, herexías, 21 envexas, borracheiras, bullas e cousas semellantes. Chamo a vosa atención de que os que están afeitos a estas cousas non herdarán o reino de Deus 22 Pero o froito do Espíritu é amor, gozo, paz, paciencia, benigninade, bondade, fe, 23 serenidade e dominio propio. Contra estas cousas non hai lei. 24 Aqueles que pertencen a Cristo Xesús crucificaron os desexos da natureza humana coas súas pasións e desexos. 25 Se nós vivimos polo Espíritu, camiñemos tamén polo Espíritu. 26 Non sexamos fachendosos, provocándonos uns aos outros, envexándonos uns aos outros.