Capítulo 6

1 Irmáns, se algún de vós é descuberto facendo o que non debe, que algúns guiados polo Espírito Santo corrixa con misericordia a aquel que pecou. Coidándose de non acabar pecando. 2 Axudádevos mutuamente cos vosos problemas imitando así o exemplo de Xesús Cristo. 3 Porque se algué cre ser máis do que é, autoenganase. 4 Cada un que reflexione sobre os propios actos, atopando neles o valor sen depender dos demáis. 5 Porque cada un terá candasúa tarefa. 6 A quen se lle ensine sobre a palabra, que comparta dos seus bens, materiais e espirituais con quen lles ensinou. 7 Non vos trabuquedes. A Deus non se lle pode enganar, aquilo que sementas, iso recollerás. 8 Porque o que sementa para o seu propio egoísmo, recollerá destrucción. E o que sementa agradando ó o seu Espírito, vida eterna recollerá. 9 Non cansemos de facer o ben, porque ó seu debido tempo recibiremos recompensa sempre que perseveremos. 10 Porén, busquemos como facer ben aos demáis, especialmente aos irmáns na fe. 11 Agora escríbolles da miña propia man. Ollo co que lles vou dicir. 12 Algúns xudeus estanvos forzando a circuncidarvos buscando a aprobación dos demáis, pero realmente, fanno para evitaren ser perseguidos pola causa da cruz de Cristo. 13 Porque nin aínda os que se circuncidan gardan a lei. Estes querenvos circuncidar para se poderen gabar. 14 Pero xamáis caia eu en xactarme, agás na cruz de Cristo, para a cal eu fun crucificado para o mundo e o mundo para min. 15 Porque de pouco vale circuncidarse ou non, senón ser unha nova creación. 16 Que a paz e a misericordia sexa sobre todos os que vivan deste xeito, aínda sobre os Israel de Deus. 17 De aquí en diante que ningén me veña amolar con estos asuntos, pois levo no meu corpo as marcas de Xesús. 18 Irmáns, que a graza do noso Señor Xesús Cristo vos acompañe. Amén.