Capítulo 4

1 Estou dicindo que o herdeiro, namentres é un neno, non é diferente do escravo, aínda que sexa dono da súa propiedade, 2 senón que está baixo a tutela de administradores e titores ata que se cumpra a tutela establecida polo seu pai. 3 Así tamén, cando eramos nenos estabamos escravizados polos principios elementais do mundo. 4 Pero cando se cumpriu o tempo Deus enviou ao seu fillo nacido dunha muller baixo a lei. 5 El fixo isto para redimir a aqueles que están baixo a lei para que puidesemos ser adoptados coma fillos. 6 E porque vos sodes fillos, Deus enviou ao Espírito do seu Fillo aos nosos corazóns, que clama: "Meu Pai". 7 Así que xa non es un escravo, senón un fillo, e se es un fillo, tamén es un herdeiro por medio de Deus. 9 Daquela, cando non coñeciades a Deus, erades servos daqueles deuses que pola súa natureza non o son realmente. 8 Pero agora que coñecestes a Deus, ou mellor dito, que sodes coñecidos por Deus, Cómo é posible que volvedes a principios débiles, inútiles e elementais? Queredes ser escravos de novo? 10 Andades a gardar os días especiais, as lúas novas, as estacións e os anos. 11 Temo que o meu traballo por vos fose en van. 12 Rógovos, irmáns, que vos fagades coma min, xa que eu me fixen coma vos. Tratástesme ben. 13 Sabedes que cando eu vos anunciei o evanxeo a primeira vez estaba enfermo. 14 Vós non me rexeitastes por isto, pola contra, recibístesme coma un anxo de Deus, como a Cristo Xesús mesmo. 15 Onde está agora o sentir de bendición que tivestes? Porque teño por certo que, se vos fose posible, sacariadesvos os ollos e mos dariades a min. 16 Volvinme agora o voso inimigo por dicirvos a verdade? 17 Eles poñen empeño en convencervos para que vos unades a eles pero non para ben. Queren que vos separedes de min para que os prefirades a eles. 18 É bo ser apasionado con boa intención sempre, e non só cando estou presente con vós. 19 Meus filliños, outra vez estou sufrindo dores de parto por vós ata que Xesús Cristo sexa formado en vós. 20 Gustaríame estar agora ahí presente e cambiar o meu ton, porque estou abraiado con vós. 21 Dicídeme os que desexades sometervos á lei, non escoitades o que a lei di? 22 Porque está escrito que Abraham tivo dous fillos, un da serva e outro da muller libre. 23 Pero o fillo da serva naceu como nace todo o mundo lit. segundo a carne , e o fillo da libre en cumprimento da promesa. 24 Isto pode ser interpretado coma unha alegoría xa que estas dous mulleres representan dous pactos. Un procede do Monte Sinaí e deu a luz a fillos para ser escravos; Este é Agar. 25 Agora ben, Agar representa ao Monte Sinaí que está en Arabia e ela representa o actual Xerusalem, pois vive na escravitude cos seus fillos. 26 Pero a Xerusalem de arriba é libre, e ela é a nosa nai. 27 Porque está escrito: Gózate ti, estéril que non das a luz. Clamade e gritade de ledicia vos que non estades sufrindo dores de parto. Porque os fillos da muller abandoada son máis numerosos dos da muller que ten marido. 28 Vos, irmáns, como Isaac, sodes fillos da promesa. 29 Naquel tempo sucedeu o mesmo que agora: o que naceu de xeito natural lit. segundo a carne perseguiu ao que naceu segundo o Espírito. 30 Pero qué di a Escritura? "Bota fora á escrava e ao seu fillo; porque o fillo da escrava non partirá a herdanza co fillo da libre". 31 Polo tanto, irmáns, non somos fillos da escrava, senón da libre.