Feitos 11

1 O apóstoles e os irmáns que estaba por toda Xudea escoitaron que tamén os xentís recibiran a palabra de Deus. 2 E cando Pedro subiu a Xerusalén, os da circuncisión botáronlle en cara, 3 dicindolle: "Ti entrache na casa dos incircuncisos e comiches con eles. 4 Entón Pedro comezou a explicarlles por orde o que sucedera, dicindo: 5 Estaba eu na cidade de Jope orando, e tiven en extase unha visión: un obxeto que semellaba un grande lenzo que descendía, baxando do ceo polas catro pontas, e veu até a min. 6 Mirando para el e observandoo, vin cuadrúpedos terrestres, feras, reptís e aves do ceo. 7 Tamén ouvín unha voz que me dicía: "Érguete, Pedro; mata e come". 8 Mais eu dixen: "De ningún xeito, Señor, porque nada impuro ou inmundo entrou nunca na miña boca. 9 Mais a voz do ceo repondeu por segunda vez: "O que Deus limpiou, non o chames impuro". 10 Isto sucedeu tres veces, e todo se retirou cara o ceo. 11 Velaí que naquel momento apareceron tres homes diante da casa onde estábamos, que os mandaran desde Cesarea. 12 O Espírito me dixo que fose con eles sen dubidar. Estes seis irmáns foron tamén comigo e entramos na casa daquel home, 13 e el nos contou como vira ao anxo de pé na súa casa, que lle dixo: "Manda a alguén a Jope e fai traer a Simón, que tamén se chama Pedro, 14 quen te dirá palabras polas que serás salvo ti e toda a túa casa" 15 Cando comecei a falar, o Espíritu Santo descendeu sobre eles, tal e como o fixo sobre nos no principio. 16 Entón recordei as palabras do Señor, cando dixo: "Xoán bautizou con auga, pero vós seredes bautizados co Espírito Santo". 17 Pois, se Deus lles concedeu o mesmo don que tamén nos deu a nós despois de crer no Señor Xesús Cristo, quen era eu para estorba a Deus? 18 E ao ouvir isto se calmaron e glorificaron a Deus, dicindo: Asi que tamén aos xentís Deus lles concedeu o arrepentimento que leva a vida. 19 Agora ben, os que fuxiran pola persecución que veu despois da morte de Estevo, chegaron a Fenicia, Chipre e Antioquia, sen predicar a ninguén, só aos xudeos. 20 Mais algún deles, homes de Chipre e de Cirene, ao chegar a Antiaquía, falaban tamén aos gregos, predicando de Xesús. 21 E a man do Señor estaba con eles, e moitos creron e se convertiron ao Señor. 22 Chegaron as novas disto aos ouvidos da igrexa de Xerusalén e enviaron a Bernabé a Antioquia. 23 El, cando chegou e viu a gracia de Deus, alegrouse e animaba a todos para que permaneciesen con corazón firme fieis ao Señor, 24 porque era un home bon e cheo do Estírito Santo e de fe. E moita xente se uniu ao Señor. 25 Bernabé saiu cara a Tarso na procura de Saulo. 26 Cando o encontrou, trouxoo a Antioquia. E se reuniron coa igrexa por todo un ano, ensinando ás multitudes. E aos discípulos se lles chamou cristianos por primeira vez en Antioquia. 27 Por aqueles días uns profetas descenderon de Xerusalén a Antioquia. 28 Un deles chamado Agabo, levantouse e falou polo Espíritu Santo que habería unha grande fame en toda a terra. E isto ocurriu no reinado de Claudio. 29 Entón os discípulos, conforme o que cada un tiña, propuxeronse enviar una axuda para auxiliar aos irmáns en Xudea. 30 E así o fixeron, enviandoa aos anciáns por man de Bernabé e Saulo