Capítulo 10

1 Había en Cesarea un home de nome Cornelio, centurión da compañía chamada a Italiana, 2 devoto e temeroso de Deus con toda a súa casa, que daba moitas esmolas ao pobo xudeo e oraba a Deus de cotío. 3 Sendo como a hora novena do día, viu claramente nunha visión a un anxo de Deus que entraba onda el e lle dicía: Cornelio. 4 Mirándoo fixamente e espantado, Cornelio dixo: que foi Señor? E el díxolle: as túas oracións e esmolas subiron pormemorial diante de Deus. 5 Envía, uns homes a Xope, e manda traer a un home chamado Simón, de sobrenome Pedro. 6 Este para na casa dun curtidor chamado Simón, que ten a casa á beira do mar. 7 E logo de marchar o anxo que lle falara, Cornelio chamou a dous dos seus criados e aun soldado piadoso dos que sempre lle servían, 8 e despois de explicarlles todo, enviounos a Xope. 9 Ao día seguinte, indo eles polo camiño achegándose á vila, Pedro subiu á azotea a orar como á hora sexta. 10 Tivo fame e desexaba comer; pero mentres lle preparaban algo, veu sobre el un éxtase; 11 ve o ceo aberto e que descende un obxecto coma se fose un gran lenzo que é descolgado na terra polas catro puntas, 12 no que habían toda clase de cuadrúpedos e reptís da terra, e aves do ceo. 13 E escoitou unha voz: érguete, Pedro, mata e come. 14 Mais Pedro dixo: non faga eu tal cousa Señor, porque endexamáis comín cousa común nen inmunda. 15 E a voz por segunda vez díxolle: o que Deus limpou, non o chames ti inmundo. 16 E aconteceu isto por tres veces, e de súpeto o lenzo foi recollido ao ceo. 17 E mentres Pedro estaba perplexo pensando no que significaría aquela visión, aparaceron pola porta aqueles homes que foran enviados por Cornelio na procura da casa de Simón, 18 e chamando preguntaron si paraba alí Simón, de sobrenome Pedro. 19 Mentres Pedro cavilaba na visión, o Espírito díxolle: mira, 3 homes andan en busca túa. 20 Érguete, e baixa, non dubides en acompañalos, pois fun eu quen os enviou. 21 Pedro baixou onda eles e díxolles: son eu a quen procurades; por que foi que viñestes? 22 Eles dixeron: A Cornelio o centurión, un home xusto e temeroso de Deus, e que é moi apreciado por toda a nación dos xudeos, foille ordeado por un santo anxo dar contigo para que vaias á súa casa e así oír as túas palabras. 23 Entón el convidounos a pasar e ficar con el. E ao día seguinte, levantouse e foi con eles, e algúns dos irmáns de Xope foron canda el. 24 E ao día seguinte entrou en Cesarea. Cornelio estaba agardando por eles e xuntara aos seus parentes e amigos. 25 Sucedeu que cando Pedro ía entrar, Cornelio saiu a recibilo, e rendíndose aos seus pés, adorouno. 26 Pero Pedro, levantouno, dicindo: érguete, eu son unha persoa coma ti. 27 E falando con él, entrou e achou moita xente reunida. 28 E díxolles: vos sabedes o agravio tan grande que é para un xudeo asociarse cun estranxeiro ou visitalo, pero Deus mostroume que a ningunha persoa debo chamar inmunda ou común; 29 por iso, cando fun chamado, vin sen protestar, pregunto pois, por que me chamastes? 30 E Cornelio dixo: nesta mesma hora hai catro días, estaba eu orando na miña casa á hora novena, e un home con vestiduras resplandecentes, púxose diante miña, 31 e dixo: Cornelio, a túa oración foi escoitada, e as túas obras de caridade foron lembradas diante de Deus. 32 Envía, pois, a Xope, e fai chamar a Simón, de sobrenome Pedro; el para na casa de Simón o curtidor, á beira do mar. 33 Polo tanto, enviei por ti axiña, e fixeches ben en vir. Agora, estamos todos nós aquí presentes diante de Deus, para oír todo o que o Señor che mandou dicir. 34 Entón Pedro abrindo a boca dixo: de certo, agora entendo que Deus non fai distinción entre as persoas, 35 senón que en toda a nación que se fai o xusto e que lle teme, é aceptable diante del. 36 A mensaxe que El enviou aos fillos de Israel, predicando paz por medio de Xesús Cristo (El é Señor de todos), 37 vós sabedes o que aconteceu en toda Xudea, desde Galilea, despois do bautismo que Xoan predicou. 38 Vós sabedes da maneira que Deus unxiu a Xesús de Nazaret co Espírito Santo e con poder, que andaba a facer ben por onde ía, sandando a todos os oprimidos polo demo, porque Deus estaba con El. 39 E nós mesmos somos testemuñas de todas as cousas que fixo na terra dos xudeos e en Xerusalén. E tamén lle diron morte, pendurándoo nunha cruz. 40 A éste, Deus resucitouno ao terceiro día e fixo que se manifestara, 41 non a todo o pobo, senón ás testemuñas que foron escollidas de antemán por Deus, é dicir, a nós que comimos e bebemos con El despois que resucitou de entre os mortos. 42 E mandounos que proclamemos ao pobo, e atestemos que este Xesús, é o que Deus constituiu coma Xuiz de vivos e mortos. 43 De El dan testemuña todos os profetas, de que polo seu nome, todo o que cree en El recibe o perdón dos pecados. 44 Mentres Pedro falaba estas verbas, o Espírito Santo caeu sobre todos os que escoitaban a mensaxe. 45 E todos os crentes da circuncisión, que viñeran con Pedro, quedaron abraiados, porque o don do Espírito Santo fora derramado tamén sobre os xentís, 46 pois escoitábanos falar en linguas e engrandecendo a Deus. Entón Pedro dixo: 47 será que poida alguén negar a auga para seren bautizados estos que recibiron o Espírito Santo ao mesmo ca nós? 48 E mandou que foran bautizados no nome de Xesús Cristo. Entón pedíronlle que quedara con eles uns días máis.