Capítulo 45

Cántico das bodas do rei. Para o director do coro; segundo os Lirios. Masquil dos fillos de Coré. Cantiga de amor. 1 Ferve o meu corazón cun fermoso poema; dirixo o meu canto ao rei; a miña lingua é caneta*pluma de hábil escribinte. 2 Es o máis fermoso dos mortais; a graza derramouse nos teus beizos; por tanto, o Señor te abenzoou*bendixo para sempre. 3 Cingue, ó valente! a túa espada sobre a coxa; na túa gloria e coa túa maxestade. 4 E nesa maxestade, cabalga en triunfo, por causa da verdade, da humildade e da xustiza, que a túa destra che ensine cousas asombrosas. 5 As frechas son agudas; os pobos caen debaixo de ti; no corazón dos inimigos do rei están as túas frechas. 6 O teu trono, ó Deus Poderoso!, é eterno e para sempre; O cetro de equidade é o cetro do teu reino. 7 Amaches a xustiza e aborreciches a iniquidade; para iso unxiute, ó Deus Poderoso!, o teu Deus, con óleo de ledicia, máis que aos teus compañeiros. 8 Todos os teus vestidos recenden a mirra, áloe e casia*canela; dende os palacios de marfil alegráronte con instrumentos de corda. 9 Entre as túas damas nobres hai fillas de rei; á túa destra, en ouro de Ofir, está a raíña. 10 Escoita, miña filla, atende e inclina o teu ouvido; esquece o teu pobo e a casa do teu pai. 11 Entón o rei desexará túa fermosura; inclínate ante el, porque é o teu señor. 12 E a filla de Tiro virá con presentes; os ricos do pobo suplicarán o teu favor. 13 Entra raiolante*radiante a filla do rei na súa morada; os seus vestidos son de ouro tecido. 14 Con vestidos bordados é levada ao rei; as doncelas, compañeiras que a seguen, serán levadas a ti. 15 Serán traídas con gozo e ledicia, entrarán ao palacio do rei. 16 Os teus fillos estarán no lugar dos teus pais, faralos príncipes en toda a terra. 17 Recordarei o teu nome por todas as xeracións, por tanto os pobos louvarante, na eternidade e para sempre.