1
Entón Iahveh díxolle a Moisés: Preséntate a Faraón, porque eu endurecín o seu corazón e o corazón dos seus servos, para amosar estes sinais meus no medio deles,
2
e para que contes a teu fillo e a teu neto, coma me burlei dos exipcios, e coma amosei os meus sinais entre eles, e para que saibades que eu son Iahveh.
3
Moisés e Aarón foron a Faraón, e dixéronlle: Así di Iahveh, o Deus dos hebreos: “Deica cando rexeitarás te humillares diante de min? Deixa marchar ao meu pobo para que me sirva.
4
Porque se te negas deixares marchar ao meu pobo, velaí, mañá traerei lagostas ao teu territorio.
5
E cubrirán a superficie da terra, de xeito que ninguén poderá vela. Tamén comerán o resto do que escapou, o que vos quedou do pedrazo, e comerán toda árbore que vos crece no campo.
6
E encherán os teus pazos, as casas de tódolos teus servos e as casas de tódolos exipcios, algo que nin teus pais nin teus avós viron dende o día que viñeron ao mundo ata hoxe.” E volveuse e saíu da presenza de Faraón.
7
E os servos de Faraón dixéronlle: Ata cando este home nos será este home causa de ruína? Deixa marchar aos homes para que sirvan a Iahveh seu Deus. Non te decatas de que Exipto está destruído?
8
Entón fixeron volver a Moisés e Aarón ante Faraón, e el díxolles: Ide, servide a Iahveh voso Deus. Quen son os que teñen que ir?
9
E Moisés respondeulle: Marcharemos cos nosos mozos e os nosos vellos; coas nosas ovellas e as nosas vacadas marcharemos, porque temos que celebrar unha festa solemne a Iahveh.
10
E el díxolles: Así sexa Iahveh convosco se vos deixo marchar a vós e aos vosos cativos! Tede ollo porque tedes malas intencións.
11
Non será así; ide agora só os homes, e servide a Iahveh, porque iso é o que pedistes. E botáronos da presenza de Faraón.
12
Entón Iahveh díxolle a Moisés: Estende a túa man sobre a terra de Exipto, para traeres a lagosta, a fin de que suba sobre a terra de Exipto e devore toda planta da terra, todo o que o pedrazo deixou.
13
E estendeu Moisés a súa vara sobre a terra de Exipto, e Iahveh fixo soprar un vento do oriente sobre a terra todo aquel día e toda aquela noite; e ao vir a mañá, o vento do oriente trouxo as lagostas.
14
E subiron as lagostas sobre a terra de Exipto e asentáronse en todo o territorio de Exipto; e eran moi numerosas. Nunca houbera tantas lagostas coma entón, nin as habería despois.
15
Porque cubriron a superficie toda da terra, e a terra escureceuse; e coméronse toda planta da terra e todo o froito das árbores que a sarabia deixara. Así que nada verde ficou en árbore ou planta do campo por toda a terra de Exipto.
16
Entón Faraón chamou a toda presa a Moisés e a Aarón, e díxolles: Pequei contra Iahveh o voso Deus e contra vós.
17
Agora pois, rógovos que perdoedes o meu pecado só esta vez, e que roguedes a Iahveh voso Deus, para que tire de min esta morte.
18
E Moisés saíu da presenza de Faraón e orou a Iahveh.
19
E Iahveh cambiou o vento a un vento occidental moi forte que se levou as lagostas e lanzounas ao mar de Canas; nin unha lagosta ficou en todo o territorio de Exipto.
20
Pero Iahveh endureceu o corazón de Faraón, e este non deixou marchar aos fillos de Israel.
21
Entón Iahveh díxolle a Moisés: Estende a túa man cara ao ceo, para que haxa tebras sobre a terra de Exipto, tebras tales que poidan apalpárense.
22
Estendeu Moisés a súa man cara ao ceo, e houbo densas tebras en toda a terra de Exipto por tres días.
23
Non se vían uns a outros, ninguén se ergueu do seu lugar por tres días, pero tódolos fillos de Israel tiñan luz nas súas moradas.
24
Entón chamou Faraón a Moisés e díxolle: Ide, servide a Iahveh; só que as vosas ovellas e as vosas vacadas fiquen aquí. Aínda os vosos cativos poden marchar convosco.
25
Pero Moisés díxolle: Ti tamén tes que nos dares sacrificios e holocaustos para que os sacrifiquemos a Iahveh noso Deus.
26
Por tanto, tamén os nosos gandos irán connosco; nin un pezuño ficará atrás; porque deles colleremos para servirmos a Iahveh noso Deus. E nós non sabemos con que habemos de servirmos a Iahveh ata que cheguemos alá.
27
Pero Iahveh endureceu o corazón de Faraón, e este non quixo deixalos marchar.
28
Entón Faraón díxolle a Moisés: Afástate de min! Gárdate de non volveres ve-lo meu rostro, porque o día que vexas o meu rostro morrerás.
29
E Moisés respondeulle: Ben dixeches, non volverei ve-lo teu rostro.