Capítulo 5

1 Pois todo sumo sacerdote elixido entre as persoas, constitúese en favor da xente en canto ás cousas de Deus, para presentar ofrendas e sacrificios polos pecados; 2 e pode tratar con benignidade aos ignorantes e descamiñados, xa que el mesmo esá suxeito a fraquezas; 3 e por iso está obrigado a ofrecer sacrificio polos pecados, tanto por el mesmo como polo pobo. 4 E ninguén toma este honor para si mesmo, senón que o recibe cando Deus o chama, como foi Aarón. 5 Do mesmo xeito, Cristo non se glorificou a si mesmo para facerse Sumo Sacerdote, senón que o que o glorificou, dixo: "Ti es o meu Fillo, Eu xereite hoxe." 6 Como tamén di noutra pasaxe: "Ti es Sacerdote para sempre segundo a orde de Melquisedec." 7 El, nos días da súa carne, suplicando e orando con grande clamor e bágoas ao que podía rescatalo da morte, foi escoitado por mor do seu sometemento; 8 e, aínda que era Fillo, aprendeu obediencia polo que sufriu; 9 e, tendo sido perfecionado, veu ser Autor da salvación eterna para todos os que lle obedecen, 10 proclamado por Deus como Sumo Sacerdote da orde de Melquisedec. 11 Sobre isto, temos moito que dicir, mais é difícil de explicar, xa que sodes lentos para ouvir. 12 Porque polo tempo que levades xa deberiades ser mestres, pero aínda precisades que alguén vos ensine de novo os principios elementais dos propósitos de Deus, chegades a ser coma os que necesitan leite e non alimento sólido. 13 Porque todo o que toma leite, non está afeito á palabra de xustiza, porque é neno. 14 Pois o alimento sólido é para os maduros, os que pola práctica teñen os sentidos exercitados para discernir o bo do malo.