Capítulo 3

1 Escribe ao anxo da igrexa en Sardis: O que ten os sete espíritos de Deus e as sete estrelas, di isto: sei das túas obras, que tes nome de que vives, pero estás morto. 2 Sé vixiante e afirma as outras cousas, que estaban a piques de morrer, porque hacho que as túas obras non son perfectas diante do meu Deus. 3 Lémbrate, entón, do que recibiches e oíches; e gárdao e arrepíntete. Pois se non vixías, virei coma ladrón, e non saberás a que hora chegarei sobre ti. 4 Pero tes uns poucos en Sardis que non ensuciaron as súas vestiduras, e andarán comigo de branco, porque son dignos. 5 O que venza deste xeito vestirase con vestiduras brancas e non borrarei o seu nome do libro da vida, e confesarei o seu nome diante do meu Pai e diante dos seus anxos. 6 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas. 7 Escribe ao anxo da igrexa en Filadelfia: o Santo, o Verdadeiro, o que ten a chave de David, o que abre e ninguén fecha, e fecha e ninguén abre, di isto: 8 Es sei das túas obras. Velaí puxen unha porta aberta diante de ti que ninguén pode fechar, porque anque tes pouco poder, gardaches a miña palabra e non negaches o meu nome. 9 Mira, entrego a algúns da sinagoga de Satanás, dos que din ser xudeus e non son tal, senón que minten; eu farei que veñan e fagan reverencia aos teus pés, e saiban que te amei. 10 Porque gardaches a palabra da miña paciencia. Tamén eu te hei gardar da hora da proba que está a piques de vir sobre o mundo enteiro, para probar aos que vivan na terra. 11 Veño decontado! Retén firme o que tes, para que ninguén bote man da túa coroa. 12 Ao vencedor fareino columna do santuario do meu Deus, e endexamais sairá de alí; escribirei sobre el o nome do meu Deus, e o nome da cidade do meu Deus: a nova Xerusalem que descende do ceo, e o meu novo nome. 13 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas. 14 Escribe ao anxo da igrexa en Laodicea: 15 o Amén, a Testemuña Fiel e verdadeira, o Principio da creación de Deus, di isto: Eu sei das túas obras, que nen es frío nen quente. Ai se foras frío ou quente! 16 Por canto es morno, e non frío nen quente, heite vomitar da miña boca. 17 Porque dis: son rico, enriquecín e non teño necesidade algunha! e non sabes que es un miserable, digno de compaixón, e pobre, cego e nu, 18 aconsélloche que merques de min ouro refinado no lume para que sexas rico, e vestiduras brancas para te cubrir, e non apareza a vergoña de verte espido, e colirio para unxir os teus ollos, para que vexas. 19 Eu reprendo e disciplino a todos os que amo; sé, pois, fervoroso e arrepíntete. 20 Mira, Eu estou chamando na porta; se algún escoita a miña voz e abre a porta, entrarei a el, e cearei con el e el comigo. 21 Ao vencedor, concedereille sentar comigo no meu trono, como Eu tamén vencín e sentei co meu Pai no seu trono. 22 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas.