Capítulo 3

1 Polo demais, irmáns, orade por nos, para que a palabra do Señor se espalle e sexa glorificada, tal como aconteceu convosco: 2 e para que sexamos libres de persoas desencamiñadas e perversas, pois a fe non é de todos. 3 Pero o Señor é fiel, e afirmarávos e protexeravos do mal. 4 E estamos confiados no Señor tocante a vos, de que facedes e continuaredes a facer canto vos dicimos. 5 E o Señor ha encamiñar os vosos corazóns no amor de Deus e na paciencia do Mesías. 6 Pero mandámosvos, irmáns, no nome do Señor Xesús Cristo, que vos arrededes de calquera irmán que viva dun xeito desordenado, e non conforme o ensino que recbiron de nos. 7 Porque vos mesmos sabedes de qué modo debedes imitarnos, pois non vivimos dun xeito desordenado entre vosoutros, 8 nin comimos de moca o pan de ninguén, senón que traballamos arreo fatigándonos noite e día, para non sermos unha carga para ningún de vós; 9 non porque non tivésemos dereito, senón para darnos nos mesmos a vos coma exemplo, para que nos imitedes. 10 Porque cando estabamos onda vos, mandámosvos isto: o que non queira traballar, que non coma. 11 Pois estamos a ouvir que algúns de vós viven dun xeito desordenado, sen traballar en nada e entremétense no que non é seu. 12 A eses, mándámoslles e exhortámoslles agora no Señor Xesús Cristo, que se traballan con acougo, e que coman o seu propio pan. 13 E vós. irmáns, non cansedes de facer o ben. 14 Se algún non obedece a nosa palabra transmitida a través desta carta, sinaládeo e non vos xuntedes con él, para que sexa avergoñado, 15 pero non o tratedes coma inimigo, senón aconselládeo coma irmán. 16 E o mesmo Señor de paz vos dé sempre paz de todos os xeitos. O Señor sexa con todos vos. 17 O saúdo é da miña propia man: Paulo, o que é unha contrasinal en toda carta, Así escribo. 18 A graza de Xesús o Mesías, noso Señor, sexa convosco.