Capítulo 2

1 Tocante á vinda de Xesús Cristo, noso Señor e da nosa reunión con Él, rogámosvos, irmáns, 2 que non vos abaledes tan axiña no voso xeito de pensar, nin vos alarmedes, nin por espírito, nin por palabra, nin por carta coma se fose nosa, no sentido de que o día do Señor xa chegou. 3 Que ninguén vos trabuque de ningún xeito! porque iso non sucederá sen que denantes veña a apostasía e sexa manifestado o home impío, o fillo de perdición, 4 aquel que se opón e se ergue contra todo o que é chamado Deus ou é digno de adoración, ata chegar a sentarse no templo de Deus, proclamando que él mesmo é Deus. 5 Non lembrades que, cando estaba convosco, xa vos falaba de éstas cousas? 6 E agora sabedes qué é o que o detén, para que sexa revelado no seu tempo. 7 Pois o misterio da iniquidade xa está actuando So, neste intre, hai quen o detén, ata que sexa quitado de en medio. 8 Daquela será revelado o inicuo (a quén o Señor matará cun soprido da súa boca e destruirá co esplendor da súa vinda), 9 a chegada de ese impío é obra de Satanás, e será con toda crase de poderes e sinais milagroas, e prodixios mentireiros, 10 e con todo engano de iniquidade para aqueles que han de perecer: o premio que terán por non acolleren o amor da verdade para se salvaren. 11 Por iso Deus envíalles unha forza para crer no engano e se perderen, e 12 así serán xulgados todos os que non creon na verdade, senón que se deleitaron na inxustiza. 13 Pero nos debemos dar grazas sempre a Deus por vos, irmáns amados polo Señor, pois Deus escolléuvos coma os primeiros para salvación, santificándovos co spírito e fe verdadeira; 14 a iso chamóuvos polo noso evanxeo, para acadar a gloria de Xesús Cristo, noso Señor. 15 Polo tanto irmáns, amntédevos firmes e retede as ensinanzas con que fúchedes ensinados, tanto de palabra coma por carta. 16 E que o mesmo noso Señor Xesús Cristo, e mais Deus noso Pai, quen nos amou e nos deu eterno consolo e boa esperanza pola graza, 17 ha consolar os vosos corazóns, fortalecéndovos en toda obra e palabra boa