Capítulo 1

1 Pablo, Silvano e Timoteo, á igrexa dos tesalonicenses en Deus noso Pai e no Señor Xesús, o Mesías: 2 graza e paz a vosoutros, de Deus Pau e do Señor Xesús Cristo. 3 TEmos que lle dar grazas a Deus por vos sempre, porque é xusto, pois a vosa fe vai medrando cada día mais, e o amor que vos tendes uns aos outros segue aumentando, 4 tanto que nos mesmos gabámonos de vos nas igrexas de Deus, pola vosa pacencia e fe no medio de todaas as persecuvións e tribulacións que estades a soportar; 5 Ese é o sinal do xusto xuizo de Deus para que sexades considerados dignos do reino de Deus, polo que tamén estades a padecer. 6 Xa que é xusto diante de Deus pagar con tribulación a aqueles que vos aflixen e a vos, 7 que sodes atrilublados, darvos acougo xunto connosco, cando se revele o Señor Xesús dende o ceo, con os seus poderosos anxos, 8 con labaradas de lume, para lles dar o pago a aqueles que non coñecen a Deus, nin obedecen o evanxeo do noso Señor Xesús. 9 Eles pagarán o castigo da pedición eterna, afastados da presencia do Señor e do seu glorioso poder; 10 cando él veña para ser glorificado polos seus santos, e ser ademiradno naquel día entre todos os que creron (xa que vos crestes o noso testemuño). 11 Por iso, oramos sempre por vos, para que o noso Deus vos considere dignos da chamada e co seu poder faga realidade todo propósito de bondade e a obra da fe; 12 para que o nome do noso Señor Xesús sexa glorificado en vosoutros, e vos nel, conforme a graza do noso Deus e do Señor Xesús, o Mesías.