1
Palabra fiel é esta: se alguén ansía ocupar cargo de supervisor, desexa a mellor obra.
2
Polo tanto, é preciso que o supervisor sexa irreprensible, marido dunha soa muller, sobrio, asisado, decoroso, acolledor, didáctico,
3
non borrachón, non pelexador, senón amable, pacífico, sen avaricia,
4
que goberne ben aos da súa propia familia, tendo aos seus fillos en obediencia con toda respeto
5
( pois se algún non ten coidado dos seus, como ha coidar á igrexa de Deus? );
6
non un novo convertido, non sexa que ensoberbeza e caia no xuízo do demo.
7
Cómprelle ter un bo testemuño dos de afora para que non caia en inxurias ou na rede do demo.
8
Así mesmo, os servidores (diáconos), deben ser de palabra, sen dobrez, non dados a moito viño, nen apegados ás gañancias deshonestas,
9
gardando o misterio da fe con conciencia limpa.
10
E sexan primeiro estos probados, e sirvan despois, xa que non están acusados.
11
Así mesmo as mulleres, sexan honestas, non calumniadoras, sobrias, fieis en todo.
12
Os servidores (diáconos ) sexan maridos dunha soa muller, gobernado tamén aos seus propios fillos.
13
Pois os que serviron ben coma servidores (diáconos) gañan para sí unha boa posición e moita confianza na fe que é en Cristo Xesús.
14
Escríboche estas cousas, agradando chegar pronto onda ti,
15
para que, se me retardo, teñas sabido como debe conducirse un na casa de Deus, que é a igrexa do Deus vivo, baluarte e piar da verdade.
16
E indiscutiblemente, grande é o misterio da piedade: El foi feito en carne, xustifcado no espírito, visto por anxos, proclamado entre xentís, crido no mundo, recibido arriba en gloria.