1
Polo tanto, exhorto, a que primeiramente, se fagan peticións, oracións, rogos e accións de grazas por tódalas persoas;
2
polos reis e por tódolos que están en postos de autoridade, para que poidamos vivir tranquilos e repousadamente en toda piedade e honestidade.
3
Isto é o que vale e o aceptable diante de Deus noso Salvador,
4
quen desexa que tódalas persoas sexan salvas e acaden o pleno coñecemento da verdade;
5
Porque Deus é un, e un mediador tamén entre Deus e as persoas, Cristo Xesús home,
6
quen dándose a sí mesmo en rescate por todos, coma evidencia nos seus tempos sinalados*.
7
Para isto fun posto coma predicador e apóstolo (digo verdade e non minto), coma mestre dos xentís na fe e na verdade.
8
Polo tanto, quero que os homes oren en todo lugar levantando manas santas, sen ira nen discusión.
9
Así mesmo que as mulleres tamén se engalanen con roupa decorosa, con reverencia e xuizosamente, non con trenzas, e ouro, e perlas, e roupa moi custosa;
10
máis ben, como convén ás mulleres que profesan piedade por medio de obras benéficas.
11
A muller aprenda en paz en toda suxeición.
12
Pero non permito á muller ensinar nen exercer autoridade sobre o marido, senón que viva quedamente.
13
Porque Adán foi formado o primeiro, e por conseguinte Eva.
14
E Adán non foi enganado, pero a muller sendo enganada, caeu en transgresión.
15
Pero librarase tendo fillos, se perseveran na fe o amor e a santidade con sobriedade.