1
Vede tan grande amor que nos deu o Pai para nos chamarmos fillos fillos de Deus! E o somos! Por iso o mundo non nos coñece, porque tampouco o coñeceu a El.
2
Meus amados agora somos fillos de Deus, pero ainda non se manifestou todo o que chegaremos a ser, mais sabemos que cando Él sexa manifestado seremos semellantes a Él porque o veremos tal como Él é.
3
Todo o que ten esta esperanza en Xesús purifícase a se mesmo, como Él é puro.
4
Todo o que practica o pecado, tamén está infrinxindo a lei, porque o pecado infrinxe a lei.
5
Sabedes que Xesús presentouse para cargar cos pecados, ainda que nel non hai pecado.
6
Todo o que permanece nel non lle da por pecar; aquel que continúa pecando non o viu nin o coñeceu.
7
Meus fillos, non vos deixedes enganar por ninguén; o que practica a xustiza é xusto como Xesús é xusto.
8
O que practica o pecado ven do demo, pois él peca dende o comezo. Por isto foi manifestado o Fillo de Deus, para destruir as obras do demo.
9
Todo o que naceu de Deus non practica o pecado, porque a semente de Deus permanece nel e non pode pecar pois naceu de Deus.
10
Nisto son recoñecidos os fillos de Deus e os fillos do demo: todo o que non practica a xustiza non é de Deus, tampouco aquel que non ama ó seu irmán.
11
Porque esta é a mensaxe que oistes dende o comenzo: que nos amemos uns os outros.
12
Non coma Caín que era do maligno e matou ó seu irmán. E por qué o asasinou? Porque os seus feitos eran malos e os do seu irmán xustos.
13
Irmáns, non vos asombredes se o mundo aborrécevos.
14
Nos sabemos que pasamos da morte á vida, porque amamos os nosos irmáns; quen non ama, permanece na morte.
15
Quen odia ó seu irmán é un asasino, e sabedes que a vida eterna non permanece en ningún asasino.
16
Nisto temos coñecido o amor,: en que Él puso a súa vida por nos; e nos tamén debemos da´la nosa vida polos nosos irmáns.
17
Pero quen teña bens neste mundo e ve ó seu irmán pasar necesidade, e non ten compaixón de él, cómo poderá vivir o amor de Deus nel?
18
Meus fillos queridos, non amemos de palabra nin de lingua, senón con feitos e verdade.
19
Deste xeito sabemos que somos da Verdade, e persuadiremos o noso corazón diante de Él:
20
pois se o noso corazón nos acusa Deus é meirande que o noso corazón, e El coñece todas as cousas.
21
Meus queridos, se o noso corazón non nos acusa, temos confianza en Deus e
22
todo o que lle pedimos podemos recibilo, porque gardamos os seus mandamentos e facemos aquelo que lle agrada.
23
isto é o seu mandamento: que creamos no nome do seu Fillo Xesús o Mesías e nos amemos uns os outros, coma Él nos mandou.
24
E aquel que garda os seus mandamentos permanece nel, e Deus en comuñón con él ; e nisto sabemos que Él permanece e nos, polo Espírito que nos deu.