1
Meus filliños, escríbovos estas cousas para que non pequedes, pero se algún peca, temos un Avogado diante do Pai, Xesús o Mesías, o Xusto.
2
El é a propiciación polos nosos pecados, e non só polos nosos, senon tamén polos de todo o mundo.
3
Nesto sabemos que o coñecemos, se gardamos os seus mandamentos.
4
Aquel que di: "Eu coñezo a Deus" pero non cunpre os seus mandamentos, é mentireiro e a verdade non está nel;
5
pero o que obedece a súa palabra, verdadeiramente nel perfeccionase o amor de Deus; esa é a proba de que estamos nel.
6
Quen di que permanece nel, ten que vivir como Xesús viviu.
7
Amados, non vos escribo un mandamento novo, senón un mandamento antigo, o que xa tíñades dende o comenzo: ese mandamento antigo é a palabra que escoitastes.
8
Con todo, escríbovos un mandamento novo, que é verdadeiro en Cristo e en nos, porque as tebras vanse alonxando e a luz verdadeira está a brilar.
9
O que asegura estar na Luz e aborrece o seu irmán, ainda vive nas tebras.
10
Quen ama o seu irmán permanece na luz e nel non hai tropezo;
11
pero quen odia o seu rimán, ainda está na oscuridade e camiña nas tebras sen saber onde vai, porque a oscuridade cegoulle os ollos.
12
Escríbovos a vos,. meus fillos porque os vosos pecados foron perdonados por mor do seu nome.
13
Escríbovos, pais, porque coñecéchedes a Aquel que é dende o comenzo. Mozos, escríbovos porque vencéstelo Maligno. Fillos, escríbovos porque coñecéchedes ó Pai.
14
Pais, escríbovos porque tendes coñecido ó que é dende o comenzo. Mozos, díxenvos por tanto, a vos que sodes valentes e a palabra de Deus permanece en vos., e por iso tendes vencido ó Maligno.
15
Non amedes ó mundo nin ás cousas que están no mundo. Se alguén ama ó mundo, o amor do Pai non está nel.
16
Porque todo o que hai no mundo: o querer satisfacer os nosos malos desexos, a cobiza de querer ter todo o que vemos e a soberbia da vida, non ven do Pai, senón do mundo.
17
E o mundo e os seus desexos pasan, pero o que fai a vontade de Deus, permanece para sempre.
18
Filliños, estsmod ns hora derradeira, e como tendes ouvido, o Anticristo ven; dese mesmo xeito surdiron moitos anticristos, por iso coñecemos que esta é a hora derradeira.
19
Saíron de nos, pero non eran dos nosos, porque se fose así habían quedar connosco; pero sairon para que soubésemos que nen todos son dos nosos.
20
Pero vos tendes a unción do Santo, e todos o sabedes.
21
Non vos escribín porque non coñezades a verdade, senon porque sí a coñecedes, e porque ningunha mentira ven da verdade.
22
Quén é o mentireiro, senon o que nega que Xesús é o Mesias? Éste é o Anticristo, aquel que nega ó Pai e mailo Fillo.
23
Todo aquel que nega ó Fillo, tampouco ten ó Pai. Aquel que confesa ó Fillo sí ten tamén ó Pai.
24
O que coñecedes dende o comezo é o que debe permanecer en vos. Se o que ouvíchedes dende o comezo permanece en vos, tamén vos pernaneceredes no Fillo e no Pai.
25
Porque ésta é a promesa que él nos deu: a vida eterna.
26
Escríbovos todo isto para que vos cuidedes ben dos que vos queren enganar.
27
Pero en canto a vos, a unción que Él vos deu permanece en vos e non precisades que ninguén vos ensine, senon que así como a unción de Cristo ensínavos todas as cousas na verdade e non é mentira, permanecede nel tal como ela vos ensinou.
28
E agora, meus fillos, permanecede nel para que cando él sexa manifestado teñamos confianza e non nos apartemos del, sendo avergoñados cando él volte.
29
Se sabedes que él é xusto, saberedes tamén que todo o que fai xustiza naceu del.