Capítulo 9

1 E subindo Xesús nunha barca, pasou alén e chegou á súa cidade. 2 E trouxéronlle un paralítico botado nunha padiola; e Xesús, vendo a fe deles, dixo ao paralítico: anímate, fillo, os teus pecados sonche perdoados. 3 E algúns dos escribas dicían para si: este blasfema. 4 E Xesús, coñecendo os seus pensamentos, dixo: por que pensades mal nos vosos corazóns? 5 Porque, que é máis %doado%(fácil), dicir: «os teus pecados sonche perdoados», ou dicir: «levántate, e anda»? 6 Pois para que saibades que o Fillo do Home ten autoridade na terra para perdoar pecados (entón dixo ao paralítico): levántate, toma a túa padiola e vai á túa casa. 7 E el levantándose, foise á súa casa. 8 Pero cando as multitudes viron isto, sentiron temor, e glorificaron a Deus, que dera tal poder (aos homes)%ás persoas%. 9 Cando Xesús marchou de alí, viu a un home chamado Mateo, sentado na oficina dos tributos, e díxolle: sígueme! E levantándose, seguiuno. 10 E sucedeu que estando El sentado á mesa na casa, velaquí, moitos recadadores de impostos e pecadores chegaron e sentaron á mesa con Xesús e os seus discípulos. 11 E cando viron isto, os fariseos dixeron aos seus discípulos: por que come o voso mestre cos recadadores de impostos e pecadores? 12 Ao oír El isto, dixo: Os que están sans[ non teñen necesidade de médico, senón os que están enfermos. 13 Mais ide, e aprendede o que significa: «misericordia quero e non sacrificio»; porque non vin a chamar a xustos, senón a pecadores. 14 Entón achegáronselle os discípulos de Xoán, dicindo: Por que nós e os fariseos xaxuamos, pero os teus discípulos non xaxúan? 15 E Xesús díxolles: seica os acompañantes do noivo poden estar de loito mentres o noivo está con eles? Pero virán días cando o noivo serálles quitado, e entón xaxuarán. 16 E ninguén pon un remendo de tea nova nun vestido vello; porque o remendo ao encollerse tira do vestido e prodúcese unha rotura peor. 17 E ninguén bota viño novo en odres vellos, porque entón os odres rebéntanse, o viño derrámase e os odres pérdense; senón que se bota viño novo en odres novos, e ambos se conservan. 18 Mentres lles dicía estas cousas, velaquí, veu un oficial da sinagoga e prostrouse diante del, dicindo: a miña filla acaba de morrer; pero vén e pon a túa man sobre ela, e vivirá. 19 E levantándose Xesús, seguiuno, e tamén os seus discípulos. 20 E velaquí, unha muller que estivera sufrindo de fluxo de sangue por doce anos, achegóuselle por detrás e tocou o bordo do seu manto; 21 pois dicía para si: se tan só toco o seu manto, sandarei. 22 Pero Xesús, volvéndose e véndoa, dixo: filla, ten ánimo, a túa fe sandouche. E ao instante a muller quedou sa. 23 Cando entrou Xesús na casa do oficial, e viu aos frautistas e ao xentío en ruidosa desorde, 24 díxolles: retirádevos, porque a nena non morreu, senón que está durmida. E burlábanse del. 25 Pero cando botaron fóra á xente, El entrou e tomouna da man; e a nena levantouse. 26 E esta noticia%nova% difundiuse por toda aquela terra. 27 Ao irse Xesús de alí, dous cegos seguírono, gritando%berrando% e dicindo: Fillo de David, ten misericordia de nós! 28 E despois de entrar na casa, achegáronse a El os cegos, e Xesús díxolles: credes que podo facer isto? Eles respondéronlle: si, Señor. 29 Entón tocoulles os ollos, dicindo: Fágase en vós segundo a vosa fe. 30 E abríronselles os ollos. E Xesús advertiulles rigorosamente, dicindo: mirade que ninguén o saiba. 31 Pero eles, en canto saíron, divulgaron a súa fama por toda aquela terra. 32 E ao saíren de alí, velaquí, trouxéronlle un mudo endemoniado. 33 E despois que o demo fora expulsado, o mudo falou; e as multitudes marabillábanse, e dicían: xamais se viu cousa igual en Israel. 34 Pero os fariseos dicían: bota fóra os demos polo príncipe dos demos. 35 E Xesús percorría tódalas cidades%vilas% e aldeas, ensinando nas sinagogas deles, proclamando o evanxeo do reino e sandando toda enfermidade e toda doenza. 36 E vendo as multitudes, tivo compaixón delas, porque estaban angustiadas%anguriadas% e abatidas coma ovellas que non teñen pastor. 37 Entón dixo aos seus discípulos: a colleita é moita, pero os obreiros poucos. 38 Polo tanto, rogade ao Señor da colleita que envíe obreiros á súa colleita.