Capítulo 8

1 E cando baixou do monte, %seguíano% grandes multitudes (seguíanlle). 2 E velaquí, achegóuselle un leproso e prostrouse diante del, dicindo: Señor, se queres, podes limparme. 3 E estendendo Xesús a man, tocouno, dicindo: quero; sé limpo. E ao instante quedou limpo da súa lepra. 4 Entón Xesús díxolle: mira, non llelo digas a ninguén, senón vaite e móstrate ao sacerdote e presenta a ofrenda que ordenou Moisés, para que lles sirva de testemuño a eles. 5 E cando entrou Xesús en Capernaúm, achegóuselle un centurión suplicándolle 6 dicindo: Señor, o meu criado está postrado na casa, paralítico, sufrindo moito. 7 E Xesús díxolle: Eu irei e sandareino. 8 Pero o centurión respondeu e dixo: Señor, non son digno de que entres baixo o meu teito; mais soamente dá a palabra e o meu criado quedará san. 9 Porque eu tamén son home baixo autoridade, con soldados ás miñas ordes; e digo a este: «vai», e vai; e ao outro: «vén», e vén; e ao meu servo: «fai isto», e faino. 10 Ao oílo Xesús, marabillouse e dixo aos que lle seguían: en verdade dígovos que en Israel non atopei en ninguén unha fe tan grande. 11 E dígovos que virán moitos do oriente e do occidente, e sentarán á mesa con Abraham, Isaac e Jacob no reino dos ceos. 12 Pero os fillos do reino serán lanzados ás tebras de fóra; alí será o pranto e o renxer de dentes. 13 Entón Xesús dixo ao centurión: vaite; así como criches, che sexa feito. E o criado foi sandado nesa mesma hora. 14 Ao chegar Xesús á casa de Pedro, viu á sogra deste deitada na cama con febre. 15 Tocoulle a man, e a febre deixouna; e ela levantouse e servíalle. 17 E á tardiña, trouxéronlle moitos endemoniados; e expulsou os espíritos coa súa palabra, e sandou a todos os que estaban enfermos, 16 para que se cumprise o que foi dito por medio do profeta Isaías cando dixo: El mesmo tomou as nosas fraquezas e levou as nosas enfermidades. 18 Vendo Xesús unha multitude arredor del, deu orde de pasar cara o outro lado. 19 E un escriba achegóuselle e díxolle: Mestre, seguireiche onde sexa que vaias. 20 E Xesús díxolle: as raposas teñen tobos e as aves do ceo niños, pero o Fillo do Home non ten onde recostar a cabeza. 21 Outro dos discípulos díxolle: Señor, permíteme que vaia primeiro e enterre ao meu pai. 22 Pero Xesús díxolle: sígueme, e deixa que os mortos enterren aos seus mortos. 23 Cando entrou Xesús na barca, os seus discípulos seguírono. 24 E de súpeto desatouse unha gran tormenta no mar, de xeito que as ondas cubrían a barca; pero Xesús estaba durmido. 25 E achegándose a El, espertárono, dicindo: Señor, sálvanos, que perecemos! 26 E El díxolles: Por que estades amedrentados, homes de pouca fe? Entón levantouse, reprendeu aos ventos e ao mar, e sobreveu unha gran calma. 27 E os homes marabilláronse, dicindo: quen é este, que aínda os ventos e o mar lle obedecen? 28 Cando chegou alén, á terra dos gadarenos, saíronlle ao encontro dous endemoniados que saían dos sepulcros, violentos en extremo, de maneira que ninguén podía pasar por aquel camiño. 29 E gritaron%berraron%, dicindo: que temos que ver contigo, Fillo de Deus? Viñeches aquí para atormentarnos antes do%de% tempo? 30 A certa distancia deles había unha %manda%(piara) de moitos porcos paciendo; 31 e os demos rogábanlle, dicindo: se vas botarnos fóra, mándanos á piara%manda% de porcos. 32 Entón El díxolles: ide! E eles saíron e entraron nos porcos; e velaquí que a piara%manda% enteira precipitouse por un%barranco% (despeñadero) ao mar, e pereceron nas augas. 33 Os que coidaban a piara%manda% fuxiron; e foron á cidade e contárono todo, incluso o dos endemoniados. 34 E toda a cidade saíu ao encontro de Xesús; e cando o viron, rogáronlle que se fose da súa comarca.