Capítulo 5

1 4 Despois destas cousas, houbo unha festa entre os xudeus, e Xesús subiu a Xerusalém. 2 E hai en Xerusalém , perto da porta das ovellas, un tanque, de nome Betesda en hebreo, e posúe cinco alpendres. 3 Nestes descansaba unha morea de doentes, cegos, coxos e paralíticos, agardando o movemento da auga. Porque crían que un anxo baixaba cada certo tempo ao tanque e remexía a auga; e o primeiro que entraba no tanque, despois de que a auga se movera, ficaba san de calquera doenza que tivese. 5 E había alí un home que levaba doente trinta e oito anos seguidos. 6 Cando Xesús o viu deitado, soubo que levaba así moito tempo, e díxolle: Queres sanar?. 7 Señor, respondeulle o doente, non teño quen me meta no tanque cando remexen a auga; e mentres eu vou, outro baixa antes ca min. 8 Díxolle Xesús: érguete, colle a túa cama, e anda. 9 E decontado o home sanou; e colleu a súa cama e andou. E era día de repouso (era un sábado) 10 Entón os xudeus dixéronlle ao que fora curado: é día de repouso (era un sábado) , a lei non che permite que leves a túa cama. 11 El respondeulles: aquel que me sanou, el mesmo me dixo: colle a túa cama e anda. 12 Entón preguntáronlle: quen foi o que che dixo: colle a túa cama e anda?. 13 E o que fora curado non sabía quen fose, porque Xesús xa se afastara da xente que había naquel lugar. 14 Despois topouno Xesús no Templo e díxolle: decátate de que fuches sanado; non peques máis para que non che aconteza algunha cousa pior. 15 O home marchou, e foi co conto aos xudeus de que fora Xesús o que o sanara 16 E por esta causa, os xudeus perseguían a Xesús e buscaban de matalo, porque facía cousas no día de repouso (era un sábado) 17 E Xesús respondeulles: Meu Pai até agora traballa, e eu traballo tamén. 18 Por iso os xudeus, aínda máis, buscaban oportunidade de matalo , porque non só violaba o día de repouso (era un sábado) , senón que tamén dicía que Deus era o seu propio Pai, facéndose igual a Deus. 19 Respondeu Xesús e díxolles: de certo, de certo vos digo: non pode o Fillo facer nada pola súa conta, senón o que ve facer ao Pai; porque todo o que o Pai fai, tamén o fai o Fillo. 20 Porque o Pai ama o Fillo, e amósalle todas as cousas que el fai; e amosaralle cousas maiores que estas, para que vos admiredes 21 Porque así como o Pai ergue os mortos, e lles dá vida, así tamén o Fillo dalles vida aos que quere. 22 Porque o Pai a ninguén xulga, e deu todo o xuízo ao Fillo. 23 Para que todos honren o Fillo como honran o Pai. O que non honra o Fillo, non honra o Pai que o enviou. 24 De certo, de certo vos digo: o que ouve a miña palabra e cre ao que me enviou, ten vida eterna; e non irá á condenación, mais pasou de morte á vida. 25 De certo, de certo vos digo: achégase a hora, a agora é, cando os mortos ouvirán a voz do Fillo de Deus; e os que a ouviren vivirán. 26 Como o Pai ten vida en si mesmo, así diu ao Fillo, ter vida en si mesmo, 27 e tamén lle deu autoridade de facer xuízo, porque é o Fillo do Home. 28 Non vos admiredes disto; porque chegará a hora cando todos os que estén nos sepulcros ouvirán a súa voz; 29 e os que fixeron o ben, sairán a resurreción de vida; mais os que fixeron o mal, a resurreción de condenación. 30 Non podo facer nada pola miña conta; como ouvo, así xulgo; e o meu xuizo é xusto, porque non procuro a miña vontade, antes é a vontade do Pai que me enviou. 31 Se dou testemuño de min mesmo, o meu testemuño non é certo. 32 Outro é o que testemuña sobre min, e sei que o testemuño que dá de min é verdadeiro. 33 Vós enviastes mensaxeiros a Xoán e el deu testemuño da verdade. 34 Porén non recibo testemuño de ningún home; e digo isto para que sexades salvos. 35 El era a candea que ardía e alumeaba; e vós quixestes ter alegría, por un tempo, na súa luz. 36 Pero eu teño testemuño maior que o de Xoán; porque as obras que o Pai me deu para realizar, as mesmas obras que eu fago, testemuñan de min, que o Pai me enviou. 37 E o Pai que me enviou tamén deu testemuño de min. Nunca ouvistes a súa voz, nen vistes o seu parecer. 38 E non tendes a súa palabra nen mora en vós, porque a quen el enviou, vós non credes. 39 Examinade as Escrituras; porque vós credes ter nelas a vida eterna, e elas son as que de min testifican. 40 E non queredes vir a min, para ter vida. 41 Non quero a gloria das persoas. 42 Pero eu coñézovos, e non tendes amor de Deus en vós mesmos. 43 Eu viñen en nome do meu Pai e non me aceptades. Se outro viñera no seu propio nome, a ese aceptaríades. 44 Como podedes crer, porque recibides gloria os uns dos outros, e non procurades a gloria que vén do único Deus? 45 Non pensedes que vos vou acusar ante o Pai; hai quen vos acusa, Moisés, en quen tendes posta a esperanza. 46 Porque se vós crésedes en Moisés, creríades en min; pois de min escribiu el. 47 Pero se non credes nos seus escritos, como ides crer as miñas palabras?