Capítulo 13

1 Na igrexa que habia en Antioquía había profetas e mestres: Bernabé, Simón chamado Nixer, Lucio de Cirene, Manaén, que se criara con Herodes o tetrarca, e Saulo. 2 Mentres ministraban ao Señor e facían xaxún, o Espírito Santo dixo: apartádeme a Bernabé e a Saulo para o labor ao que os chamei. 3 Entón, despois de facer xexún, orar e poñendo as mans sobre eles, enviáronos. 4 Eles, enviados polo Espírito Santo, baixaron a Seleucia e de alí embarcaron cara Chipre. 5 Chegados a Salamina, anunciaban a palabra de Deus nas sinagogas dos xudeos, e tiñan tamén a Xoan de axudante. 6 Recorrendo toda a illa ata Pafos, deron cun certo meigo, xudeo, un falso profeta, chamado Barxesús, 7 que estaba co procónsul Serxio Paulo, home intelixente. Este fixo vir a Bernabé e a Saulo, e desexaba oír a palabra de Deus. 8 Pero Elimas, o mago (pois así se traduce o seu nome), facíalles oposición, tentando desviar da fe ao procónsul. 9 Entón Saulo, chamado tamén Pablo, cheo do Espírito Santo, postos os ollos nel, 10 dixo: ti, fillo do demo, que estás cheo de todo engano e fraude, inimigo de toda xustiza, non deixarás de torcer os camiños dereitos do Señor? 11 Agora mira, a man do Señor está sobre ti, vas quedar cego e non verás o sol por algún tempo. De súpeto néboa e oscuridade caeron sobre el, e ía na procura de quen o levara da man. 12 Entón o procónsul, vendo o que sucedera, creu, marabillado da ensinanza do Señor. 13 Pablo e os seus compañeiros partiron de Pafos, e chegaron a Perxe de Panfilia; mais Xoan, afastándose deles, voltou a Xerusalem, 14 pero eles, saíndo de Perxe, chegaron a Antioquía de Pisidia, e no día de repouso entraron na sinagoga e sentaron. 15 Despois da lectura da lei e os profetas, os oficiais da sinagoga dixéronlles: Irmáns, se tendes algunha palabra de exhortación para o pobo, falade. 16 Pablo, púxose en pé, e acougando á xente coa man, dixo: Xentes de Israel, e vós que temedes a Deus, escoitade: 17 o Deus deste pobo Israel, escolleu aos nosos pais e engrandeceu ao pobo mentres estivo en Exipto, e con brazo en alto o sacou de alí. 18 E soportounos por corenta anos no deserto. 19 Despois de destruir sete nacións na terra de Canaán, repartiu as súas terras en herdanza; como por catrocentos cincuenta anos. 20 E despois disto, deulles xuíces ata o profeta Samuel. 21 Entón eles pediron un rei, e Deus deulles a Saúl, fillo de Cis, da tribo de Benxamín, durante corenta anos. 22 Despois de quitalo, levantoulles por rei a David, de quen Deus tamén deu testemuña e dixo: atopei a David, fillo de Isaí, un home conforme ao meu corazón, que fará toda a miña vontade. 23 Da súa descendencia, coforme á promesa, Deus deulle un Salvador a Israel, Xesús, 24 despois de que Xoan predicou, antes da súa vinda, un bautismo de arrepentimento a todo o pobo de Israel. 25 Cando Xoan estaba a piques de rematar a súa carreira, dicía: quen pensades que son eu? Eu non son o Cristo; pero velaquí ven tras de min un de quen non son digno de desatar as sandalias dos seus pés. 26 Irmáns, fillos da familia de Abraham, e os que de entre vós temedes a Deus, a nós foi enviada esta palabra de salvación. 27 Pois os que viven en Xerusalem e os seus gobernantes, sen recoñecelo a El nen as palabras dos profetas que se len todos os días de repouso, cumpriron estas escrituras, condenándoo. 28 E mesmo que non atoparon causa para darlle morte, pedíronlle a Pilato que o fixera matar. 29 E cumprido todo o que estaba escrito sobre El, baixárono da cruz, e puxérono no sepulcro. 30 Pero Deus levantouno de entre os mortos; 31 e por moitos días aparecéuselles aos que subiran con El de Galilea a Xerusalem, os que agora son testemuñas ante o pobo. 32 E nós, anunciámosvos a boa nova de que a promesa feita aos pais, 33 Deus cumpríunola a nós, seus fillos, ao resucitar Xesús, como tamén está escrito no salmo segundo: Ti es o meu Fillo; eu concebinte hoxe. 34 E que o levantou de entre os mortos para nunca máis volver a corrupción. Deus falou deste xeito: Dareivos as santas e fieis misericordias prometidas a David. 35 Polo tanto dí tamñen noutro salmo: non permitirás que o teu Santo vexa corrupción. 36 Porque David, despois de ter servido ao propósito de Deus na súa propia xeración, durmiu, e foi sepultado cos seus pais, e viu corrupción. 37 Pero aquel a quen Deus resucitou non viu corrupción. 38 Polo tanto, irmáns, sabede que por medio de El, vos é anunciado o perdón dos pecados; 39 e que de todas as cousas das que non puidestes ser xustificados pola lei de Moisés, por medio de El, todo o que cree é xustificado. 40 Procurade que non veña sobre vós aquilo do que se fala nos profetas: 41 mirade, os que menosprezastes, marabilládevos e desaparecede; porque eu fago unha obra nos vosos días, unha obra que si alguén vola contara non a creriades. 42 Saíndo Pablo e Bernabé, a xente pregáballes que o seguinte dia de repouso lles falaran estas cousas. 43 E disolta a reunión da sinagoga, moitos dos xudeos e dos prosélitos temerosos de Deus seguiron a Pablo e a Bernabé, quen, falándolles, persuadíanos de permanecer fieis á graza de Deus. 44 O seguinte dia de repouso reuniuse case toda a vila para oír a palabra do Señor. 45 Pero cando os xudeos viron a multitude de xente, enchéronse de envexa, e blasfemando, contradicían as palabras que Pablo dicía. 46 Entón Pablo e Bernabé falaron con afouteza e dixeron: Era preciso que a palabra de Deus vos fora predicada pimeiramente a vós, pero xa que a rexeitades o vos considerades indignos da vida eterna, velaquí que nós nos volvemos aos xentiles. 47 Porque así nolo mandou o Señor: Púxente como luz para os xentís, para que leves a salvación ata os confíns da terra. 48 Escoitando os xentís estas cousas, estaban cheos de alegría e glorificaban a palabra do Señor, e creron todos os que estaban destinados a vida eterna. 49 E a palabra do Señor corría por toda a rexión. 50 Pero os xudeos incitaron ás mulleres piadosas e distinguidas, e aos homes máis importantes da vila, e provocaron unha persecución en contra de Pablo e Bernabé, e botáronos da súa comarca. 51 Entón eles sacudiron o pó dos seus pés na súa contra, e marcharon a Iconio. 52 E os discípulos estaban continuamente cheos de gozo e do Espírito Santo.