Salmo 71

1 Ó Iahveh! En ti puxen a miña confianza, non sexa eu avergoñado xamais. 2 Líbrame na túa xustiza e faime fuxir! Inclina a min o teu ouvido, e sálvame! 3 Sé para min rocha de refuxio, onde eu poida ir sempre. Ti deches o mandamento para me salvar, porque ti es a miña rocha e a miña fortaleza. 4 Meu Deus, rescátame da man do malvado, da man do perverso e do violento, 5 Porque ti, ó Señor Iahveh, es a miña esperanza; a miña confianza dende a miña xuventude. 6 Por ti fun sustentado dende o ventre, ti es quen me sacou das entrañas da miña nai. Para ti será a miña louvanza por sempre. 7 Co tempo fun asombro de moitos, porque ti es o meu refuxio forte. 8 8 A miña boca está chea da túa louvanza, e da túa gloria todo o día. 9 No tempo da vellez, non me rexeites, nin me desampares cando se esgote o meu vigor. 10 Porque os meus inimigos falaron contra min e os que andan á procura a miña alma conspiran xuntos, 11 dicindo: Deus desamparouno, perseguídeo e prendédeo, pois non hai quen o libre! 12 12 Ó Deus, non te alonxes de min! Meu Deus, socórreme a présa. 13 Sexan avergoñados e perezan os inimigos da miña alma; sexan cheos de vergoña e confusión os que procuran o meu mal. ======= 12 Ó Deus, non te alonxes de min!

Meu Deus, socórreme a présa.

13 Sexan avergoñados e perezan

os inimigos da miña alma;

sexan cheos de vergoña e confusión os que procuran o meu mal. >>>>>>> a86b86adb9f395ae4d5dac989b8caf050e7c64e7

14 Pola miña parte, agarderei por sempre, e louvareite máis e máis. 15 A miña boca proclamará a túa xustiza, e a túa salvación todo o día. Aínda que non saiba contalos. 16 Achegareime aos feitos poderosos do Señor Iahveh. Mencionarei a túa xustiza, só da túa. 17 17 Ti Deus, aprendíchesme dende neno, e manifestei as túas marabillas até agora. 18 Así ti tamén, até a vellez e os cabelos brancos, non me desampares, ó Deus!, até que proclame o teu poder a esta xeración, e o teu poderío a todo o que ha de vir. ======= 17 Ti Deus, aprendíchesme desde neno,

e manifestei as túas marabillas até agora.

18 Así ti tamén, até a vellez e os cabelos brancos,

non me desampares, ó Deus!,

ate que proclame o teu poder a esta xerazón,

e o teu poderío a todo o que ha de vir. >>>>>>> a86b86adb9f395ae4d5dac989b8caf050e7c64e7

19 Tamén a túa xustiza, ó Deus, chega até as alturas, pois fixeches grandes cousas. Quen coma ti, ó Deus? 20 Ti, que fixeches que ollara moitas angurias e males, volverás a darme vida, e levantarasme novamente dos abismos da terra. 21 21Aumentarás a miña grandeza, e volverás a consolarme. 22 Eu tamén te louvarei co salterio, pola túa verdade, meu Deus, cantarei salmos coa arpa, ó Santo de Israel! ======= 21 Aumentarás a miña grandeza,

e volverás a consoarme.

22 Eu tamén te louvarei co salterio,

pola túa verdade, meu Deus,

cantarei salmos co arpa, ó Santo de Israel! >>>>>>> a86b86adb9f395ae4d5dac989b8caf050e7c64e7

23 Os meus labios alegraranse ao entoar salmos a ti, xunto coa miña alma que ti redimiches. 24 A miña lingua musitaba todo o día a túa xustiza, porque foron avergoñados e confundidos os que procuraban o meu mal.