Capítulo 60

Para o director do coro;segundo a tonada de O lirio do testemuño. Mictam de David para mostrar, cando loitou con Aram-naharaim e contra Aram-Soba, e voltou Joab e feriu a 12.000 edomitas no Val do Sal. 1 Ó Deus!, ti rexeitáchenos, quebrantáchenos e airácheste. Restáuranos, ó Deus! 2 Fixeches tremer a terra, fendíchela, sanda as súas fendas, poise ela abala. 3 Duras cousas fixeches ver ao teu pobo; díchenos a beber viño embebedante. 4 Diches un lábaro aos que te temen, para que sexa alzado por causa da verdade. ( Selah) 5 Para que sexan librados os teus amados, salva coa túa destra e respóndeme. 6 Deus falou no seu santuario, alegrareime, repartirei a Siquem, e meditarei no Val de Sucot. 7 Galaad é meu, Manasés é meu, Efraín é o elmo da miña cabeza, Judá é o meu lexislador. 8 Moab é a bacía na que me lavo sobre Edom lanzarei o meu zapato; alédate ó Filistea!, pola miña causa. 9 Quen me conducirá á casa fortificada? Quen me guiará até Edom? 10 Non es ti, ó Deus!, o que nos rexeitou? Non sairás, ó Deus!, cos nosos exércitos? 11 Danos axuda contra o adversario, pois o auxilio do home é ván. 12 En Deus faremos proezas, El pisará os nosos inimigos.