Capítulo 55

Para o director do coro; con instrumentos de corda. Masquil de David. 1 Escoita, ó Señor!, a miña oración, e non te escondas ante a miña súplica. 2 Aténdeme e respóndeme; emocionado estou na miña queixa, e moi conturbado, 3 a causa da voz do inimigo. pola opresión do impío; pois botan iniquidade sobre min, e perséguenme con furor. 4 Anguriado está o meu corazón dentro de min, e sobre min caeron os terrores da morte. 5 Temor e terror veñen sobre min, e cubriume o horror. 6 E dixen: quen me dese alas como de pomba! Voaría e toparía repouso. 7 Certamente moi lonxe fuxiría; moraría no deserto. 8 Andaría na procura dun lugar de refuxio contra a furia do vento e a tempestade. 9 Perturba, Señor, divide as súas linguas porque vin violencia en contenda na cidade. 10 Día e noite anda arredor dos seus muros, e no medio dela hai iniquidade e malicia. 11 En medio dela hai destrución, e opresión e engano das súas rúas non se afastan. 12 Porque non é un inimigo o que me recrimina, se fose así, podería soportalo; nen se alzou contra min un que me odia, se fose así, podería agacharme del; 13 senón ti, que es coma min, o meu compañeiro, o meu amigo íntimo; 14 que entre nós tiñamos doce comunión, que íamos coa multitude á casa de Deus. 15 Que os sorprenda a morte, que baixen vivos ao Seol, porque a maldade está na súa morada, no medio deles. 16 Pero eu, invocarei a Deus, e o Señor salvarame. 17 Pola tarde, na mañá e no medio día orarei; e clamarei e el ouvirá a miña voz. 18 En paz redimirá a miña alma, da guerra que hai contra min, pois son moitos os que están contra min. 19 Deus ouvirá e aflixiraos, El, que reina dende a antigüidade, porque non hai cambio neles, nen temen a Deus. 20 Aquel extendeu as súas mans, contra os que estaban en paz con el, violou o seu pacto. 21 As palabras da súa boca eran más brandas cá manteiga, pero no seu corazón había guerra; máis suaves que o aceite eran as súas palabras, porén eran espadas espidas. 22 Deita sobre o Señor a túa carga, e el ha te soster; el nunca permitirá que o xusto sexa abalado. 23 Pero ti, ó Deus!, faralos caer no pozo da destrución; os homes sanguinarios e enganadores non vivirán a metade dos seus días; pero eu en ti hei confiar.