Capítulo 43

(Última parte do salmo 42) 1 Ó Deus!, faime xustiza e defende a miña causa contra unha nación impía; líbrame do home enganoso e inxusto. 2 Pois ti es o Deus da miña fortaleza, por que me rexeitaches? Por que ando triste pola opresión do inimigo? 3 Envía a túa luz e a túa verdade que elas sexan o meu guía que me leven ao teu monte santo e ás túas moradas. 4 Entón chegarei ao altar de Deus a Deus, o meu gozo supremo; e ao son da lira louvareite, ó Deus!, meu Deus. 5 Por que te abates, miña alma, e por que te desacougas en min? Espera no Señor, porque aínda hei louvalo de novo. El é a salvación do meu ser e meu Deus!