Salmo 107

1 Dade grazas ao Señor, porque El é bo;

porque para sempre é a súa misericordia.

2 Asi dirán os redimidos de Iaveh,

quenes redimiu da man do adversario.

3 e os reuniu das terras, do oriente e do occidente,

do norte e do sur.

4 Vagaron polo deserto, por lugar desolado,

non atoparon camiño a cidade habitada;

5 famentos e sedentos, a súa alma esmorecía neles.

6 Entón clamaron ao SEÑOR na súa angustia,

e das súas aflicións El librounos;

7 e guiounos polo camiño recto,

para que fosen a unha cidade habitada.

8 Todos louven a Iahveh, pola súa misericordia e polas marabillas cos fillos dos homes.

9 Porque el saciou a alma sedenta, e encheu de bens a alma famenta.

10 Moradores de tebras e de sombra de morte, prisioneiros en miseria e encadeados, 11 porque foron rebeldes ás palabras de Deus e despreciaron o consello do Altísimo;

12 os seus corazóns humillou con traballos,

tropezaron e non houbo quen os erguese.

13 Entón clamaron ao SEÑOR na súa ansiedade

e El salvounos das súas aflicións;

14 sacounos da escuridade e das sombras de morte e quebrou as súas ataduras.

15 Todos louven a Iahveh, pola súa misericordia e polas marabillas cos fillos dos homes.

16 Porque El rompeu as portas de bronce e fixo anacos as barras de ferro. 17 Os insensatos foron aflixidos por mor dos seus camiños rebeldes, e polas súas iniquidades.

18 A súa alma aborreceu todo alimento, e achégaronse ata as portas da morte.

19 Entón na súa angustia clamaron ao SEÑOR e El salvounos das súas aflicións. 20 El mandou a súa palabra e sanounos e librounos da morte. 21 Todos louven a Iahveh, pola súa misericordia e polas marabillas cos fillos dos homes.

22 Ofrezan tamén sacrificios de gratitude e proclamen con cantos de xúbilo, as súas obras. 23 Os que viaxan polo mar en barcos e fan negocio sobre grandes augas, 24 viron as obras de Iahvev e as súas marabillas no profundo. 25 Pois El falou, e levantou un vento de tempestade que acrecentou as ondas do mar. 26 Subiron aos ceos, baixaron ás profundidades, as súas almas consumíanse polo mal. 27 Tremían e cambaleábanse coma bébedos, e esfumouse toda destreza . 28 Entón na súa angustia clamaron a Iahveh e El sacounos das súas aflicións. 29 Calmou a tempestade e as ondas do mar calaron. 30 Entón alegráronse porque as ondas do mar acougaron , e El guiounos ao porto desexado. 31 Todos louven a Iahveh, pola súa misericordia e polas marabillas cos fillos dos homes.

32 Exálteno tamén na congregación do pobo, e alábeno na reunión dos anciáns. 33 El transforma os ríos en desertos e as fontes de augas en sequeiros; 34 a terra frutuosa en terra estéril, pola maldade dos que moran nela. 35 Transforma o deserto en estanque de augas, e a terra seca en mananciais; 36 nela fai morar os famentos, para que cimenten unha cidade onde vivir, 37 e sementen os seus campos, planten viñas, e recollan unha colleita abundante.

38 Bendíceos tamén e multiplícaos moito, e o seu gando non diminúe . 39 Cando son diminuidos e abatidos pola opresión, a calamidade e a aflición,

40 verte desprezo sobre os príncipes, e os fai vagar por un deserto sen camiño. 41 Pero ao pobre levántao da miseria e pono seguro no alto, e multiplica as súas familias como un rebaño.

42 Os rectos veno e alégranse, pero toda iniquidade pecha a súa boca.

43 Quen é sabio? Que preste atención a estas cousas, e considere as bondades de Iahveh.